O discreto engado da burguesía: Diferenzas entre revisións

filme de 1972 dirixido por Luis Buñuel
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de es.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2017 ás 12:18

O discreto engado da burguesía (en francés Le Charme discret de la bourgeoisie) é un filme francés de 1972 dirixido polo realizador español Luis Buñuel. Como en moitas das súas longametraxes pódense observar escenas propias do surrealismo. Gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 45ª edición dos Oscar.

Argumento

Don Rafael Acosta, embaixador de Miranda, o matrimonio Thévenot e Florence, irmá de Madame Thévenot, están invitados a cear na casa do matrimonio Sénechal. Non obstante, hai unha confusión e Monsieur Sénechal saíu a outra cita. Como alternativa, propóñense ir a un restaurante próximo, mais ao chegaren descobren de que o dono do establecemento morreu. A partir dese momento as reunións do selecto grupo de burgueses vense interrompidas por unha serie de sucesos extraordinarios, algúns reais e outros produto da súa imaxinación.