Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
Isili0n (conversa | contribucións)
*Arrinconar > acurrunchar, acantoar, arrecunchar, acornellar...
Liña 74:
 
==== V Asemblea: ETA Berri e ETA Zaharra ====
A V Asemblea dá lugar á primeira escisión. Realizouse en dúas fases, a primeira en decembro de 1966 na casa parroquial de [[Gaztelu]] (Guipúscoa). A segunda celebrouse en marzo de 1967 na casa de exercicios espirituais da [[Compañía de Xesús]] de [[Getaria]] (Guipúscoa). Na asemblea estouparon as diverxencias entre obreiristas e os dous sectores nacionalistas formados na IV Asemblea. Os obreiristas, tachados de «españolistas» pola súa pretensión de dar prioridade á alianza con grupos de esquerdas de todo o territorio español, escindíronse nunha organización que chamaron [[ETA Berri]] (Nova ETA), mentres que os outros dous sectores quedaron encadrados na chamada ETA Zaharra (Vella ETA), que pronto volvería a ser ETA a secas. ETA Berri contribuíu a crear e acabou por disolverse nun partido político de ámbito español chamado [[Movemento Comunista]] (MC). En ETA Zaharra o sector terceiromundista arrinconouacurrunchou e apartou do poder ó sector culturalista de Txillardegi, que formou un grupo interno chamado ''Branka''. Na V Asemblea decídese tamén a creación das catro frontes ou grupos de traballo interno que manterá a organización ó longo dos anos: político, militar, económico e cultural.
 
==== VI Asemblea: ETA-V e ETA-VI ====