Senado romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Arrinconar > acurrunchar, acantoar, arrecunchar, acornellar...
Liña 29:
Ao longo do Alto Imperio, as relacións entre os emperadores e os senadores foron as dunha tira e afrouxa continuo, e, se ben é certo que moitos colaboradores dos emperadores eran senadores, o certo é que estes, aínda os máis respectuosos, tendían a deixar de lado as expectativas e desexos dos senadores. Ademais, os senadores tendían a ignorar que a verdadeira fonte de poder do estado romano era o exército, polo cal pasaban por curtos períodos de tempo. A consecuencia foi que algúns emperadores, como [[Tiberio]], [[Calígula]], [[Nerón]], [[Domiciano]], [[Hadriano]] ou [[Cómodo]] sostiveron relacións moi difíciles co Senado, e promoveron a persecución de moitos dos seus membros.
 
Coa chegada da dinastía Severa, de orixe militar, o senado foi progresivamente arrinconadoacurrunchado en favor da orde ecuestre e da nova burocracia imperial nada do exército, ata que o emperador [[Aureliano]] excluíu aos senadores dos postos militares.
 
No Baixo Imperio, o Senado de Roma foi duplicado con outro igual a el creado por [[Constantino I]] na nova capital, [[Constantinopla]] ([[Istambul]], [[Turquía]]), e converteuse nun simple club de notables.