Arturo Noguerol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 39:
 
== Traxectoria ==
Naceu en Ourense e licenciouse en dereito na [[Universidade de Salamanca]]. Amigo de [[Vicente Risco]], participou na publicación ''[[La Centuria]]'' que foi de vital importancia para o paso dunha xeración de intelectuais ourensáns ao [[Galeguismo (política)|galeguismo]] das [[Irmandades da Fala]] que daría orixe á [[Xeración Nós]]. En 1918 foi un dos fundadores da Irmandá Rexionalista d’Ourense. Colaborou en ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' e na [[revista Nós]]. Foi secretario de administración local e exerceu no [[O Pereiro de Aguiar|Pereiro de Aguiar]], [[Avión]], [[Rianxo]] e Serantes. Cando era secretario do concello de [[Serantes, Ferrol|Serantes]] foi detido, oficialmente por propalar noticias tendenciosas, tras a [[Sublevación do 18 de xullo de 1936|sublevación de xullo de 1936]]. Foi paseado, aparecendo o seu corpo nun foxo da estrada de [[Ferrol]] á Coruña.
 
[[Ficheiro:Ourense, 04-11b.JPG|miniatura|dereita|200px|Placa na casa onde viviu Noguerol, en Ourense]]