Diferenzas entre revisións de «Tomé de Aquino»

arranxo
(arranxo)
Fillo dos [[conde]]s de Aquino, inicialmente estudou no mosteiro de [[Monte Cassino]] e en [[1239]] na [[Universidade de Nápoles]]. En [[1244]] coa oposición da súa familia entra na orde de [[Domingos de Guzmán]]. Os seus irmáns chegaron a raptalo e metelo en prisión durante dous anos para disuadilo.
 
[[FileFicheiro:Tommaso - Super Physicam Aristotelis, 1595 - 4733624.tif|thumbminiatura|''Super Physicam Aristotelis'', 1595]]
Posteriormente, foi mestre na [[Universidade de París]] por dúas ocasións, primeiro entre [[1256]] e [[1259]], na cátedra de estranxeiros de Santiago, e despois entre [[1269]] e [[1272]]. Nesa cidade fora discípulo de [[Alberte Magno]] a quen tamén acompañou a [[Colonia, Alemaña|Colonia]]. Ensinou, así mesmo, en varias cidades de [[Italia]], entre elas [[Roma]] para organizar o ''Studium'' dominico. Na universidade sufriu o rexeitamento que padeceron os membros das ordes mendicantes dun xeito paralelo ao de [[Boaventura de Bagnoregio]]. As súas ideas aristotélicas consideráronse incompatibles co [[cristianismo]] e varias das súas teses foron condenadas polo [[bispo]] de París [[Estevo Tempier]] en [[1277]]. En [[Oxford]] tamén foron condenadas por parte dos arcebispos de [[Canterbury]] [[Roberto Kilwardby]], malia ser tamén dominico, e [[John Peckhan]] (franciscano).