Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
(→‎Abolicionismo no trono: Evito repetición de palabras)
=== Viaxes a Europa e África do norte ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil in Egypt 1871.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Auguste Mariette]] (sentado, esquerda) e Pedro II (sentado, dereita) xunto a outros durante a súa visita á [[necrópole de Gizeh]] a finais de 1871.]]
O 25 de maio de 1871 Pedro II e a súa muller viaxaron a [[Europa]].{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=175}} Pedro levaba moito tempo desexando unhas vacacións no estranxeiro, e cando lle chegaron novas de que a súa filla menor Leopoldina falecera en [[Viena]] o 7 de febreiro ós 23 anos de idade por mor dunha [[febre tifoide]], finalmente tivo unha razón de peso para saír do Imperio.{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=172, 174}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=144–145}} Nada máis chegar a [[Lisboa]], en [[Reino de Portugal|Portugal]], foi ó ''[[Museu das Janelas Verdes]]'', onde se reuniu coa súa nai adoptiva [[Amelia de Leuchtenberg]]. FacíaHabía 40 anos que os dous non se vían, e a reunión foi emotiva. Pedro II destacou no seu diario: "Chorei de felicidade e tamén de dor por ver a miña nai tan afectuosa comigo, máis tamén por vela tan vella e enferma".{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=180}}{{sfn|Carvalho|2007|p=147}}
 
O emperador continuou a súa viaxe por [[Reino de España (1810–73)|España]], [[Reino de Gran Bretaña|Gran Bretaña]], [[Bélxica]], [[Imperio Alemán|Alemaña]], [[Imperio austrohúngaro|Austria]], [[Reino de Italia (1861-1946)|Italia]], [[Quedivato de Exipto|Exipto]], [[Reino de Grecia|Grecia]], [[Suíza]] e [[Terceira República Francesa|Francia]], e en [[Coburgo]] visitou a tumba da súa filla.{{sfn|Carvalho|2007|p=147}}{{sfn|Barman|1999|pp=237–238}} Para Pedro, este foi "un tempo de liberación e liberdade", viaxando baixo o nome de "don Pedro de Alcântara" e insistindo en que se lle tratase informalmente, aloxándose só en hoteis.{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=146–147}} Pasaba os días facendo turismo e conversando con científicos e outros intelectuais cos que compartía intereses.{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Carvalho|2007|p=147}} A súa estadía en Europa foi un éxito para el, gañándose o respecto das nacións que visitou grazas ó seu comportamento e a súa curiosidade. O seu prestixio e o do Brasil aumentaron aínda máis durante a xira cando chegaron as novas da aprobación da ''Lei de Nacemento Libre'' que abolía a fonte de escravitude. O destacamento imperial retornou ó Brasil de forma triunfante o 31 de marzo de 1872.{{sfn|Barman|1999|p=240}}
32.609

edicións