Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Abolicionismo no trono: Evito repetición de palabras
Liña 126:
En 1870 había poucos brasileiros que se opuxesen á escravitude, e aínda menos que a condenasen abertamente. Pedro II, que non posuía escravos de seu, era un das poucas figuras públicas que se opoñía á escravitude.{{sfn|Carvalho|2007|p=189}}{{sfn|Barman|1999|p=194}}{{sfn|Olivieri|1999|p=44}} A abolición desta era un tema delicado, xa que o uso de escravos estaba moi estendido, tanto por parte dos ricos coma dos máis pobres.{{sfn|Olivieri|1999|p=43}}{{sfn|Carvalho|2007|p=130}} Pedro II procurou darlle fin a esta práctica de forma gradual para aliviar o posible impacto que isto tería na economía nacional.{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=161}}{{sfn|Carvalho|2007|p=131}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=29}} Sen autoridade constitucional para intervir de forma directa na abolición da escravitude, o emperador precisaría de tódalas súas habilidades para convencer, influenciar e conseguir apoios entre os políticos para o seu obxectivo.{{sfn|Barman|1999|p=210}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=132–136}} O seu primeiro movemento neste ámbito xa tivera lugar en 1850, cando ameazara con abdicar se a [[Asemblea Xeral]] non declaraba ilegal o comercio de escravos polo [[océano Atlántico|Atlántico]].{{sfn|Olivieri|1999|p=44}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=166}}
 
Unha vez foi despachada a cuestión da entrada de escravos dende alén do mar, Pedro II centrou a súa atención a comezos dos anos 1860 na eliminación da fonte de escravos que quedaba: a condición de escravitude dos fillos dos propios escravos.{{sfn|Carvalho|2007|p=132}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=162}} Naquel momento creárase un borrador de lei baixo a súa iniciativa, pero o conflito co Paraguai atrasou o debate desta proposta na Asemblea Xeral.{{sfn|Carvalho|2007|p=132}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=162}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=315}} Pedro II avogou abertamente pola erradicación gradual da escravitude no [[discurso dende o trono]] de 1867.{{sfn|Carvalho|2007|p=134}} Recibiu fortes críticas por esta declaración, algo que foi criticadodefinido como un "suicidio nacional".{{sfn|Schwarcz|1998|p=315}}{{sfn|Carvalho|2007|p=133}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=164}} Os críticos argumentaron que "a abolición era o seu desexo persoal e non o da nación".{{sfn|Carvalho|2007|p=136}} De forma consciente Pedro ignorou o dano político á súa imaxe e á monarquía provocado por este apoio á abolición.{{sfn|Barman|1999|pp=224–225}} Eventualmente promulgouse unha proposta por medio do primeiro ministro [[José Maria da Silva Paranhos]], que se aprobou co título de ''Lei de Nacemento Libre'' o 28 de setembro de 1871, baixo a que tódolos fillos de mulleres escravas nados a partir desa data pasarían a considerarse persoas libres.{{sfn|Carvalho|2007|p=136}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=170}}{{sfn|Barman|1999|p=238}}
 
=== Viaxes a Europa e África do norte ===