Ambrosio de Milán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
 
== Influencia ==
[[File:Divi Ambrosii Episcopi Mediolanensis Omnia Opera.tif|thumb|Divi Ambrosii Episcopi Mediolanensis Omnia Opera, 1527]]
 
Ambrosio foi un predicador agudo e vivo, moitas das súas obras son en realidade recompilación dos seus sermóns. Nelas describiu con solemnidade a dignidade conferida polo Creador ao ser humano (''obra mestra de Deus, cumio do universo e beleza suprema de todo ser creado''), saiu en defensa dos pobres como imaxes de [[Cristo]], proclamou o valor da xustiza, a necesidade do perdón divino que lava as culpas e a prevalencia do amor como síntese e cume da moral cristiá. Para el a esmola non era mera compaixón senón restitución do previamente roubado ao pobre por aqueles que vivían na abundancia. Exhortaba á misericordia e a mansedume, virtudes das que foi exemplo, aínda que hoxe hai quen ve criticamente a súa intolerancia fronte aos privilexios reclamados polos partidarios do [[paganismo]], a súa parcialidade a prol dos bispos cristiáns nos seus conflitos cos [[xudeu]]s e a súa actitude desafiante, aínda que sempre pacífica, fronte ás autoridades imperiais arianas en defensa da comunidade eclesial fiel ao [[Primeiro Concilio de Nicea|Concilio de Nicea]].
 
Coñecía a fondo a [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]] e a [[Plotino]], e puxo o pensamento cristiá á altura dos pensadores clásicos latinos acollendo aqueles aspectos que eran compatibles coa [[fe (relixión)|fe]] da Igrexa. Na súas obras dedicadas a Graciano ''De Fide ad Gratianum'' e ''De Spiritu Santo ad Gratianum Augustum'' pretende ilustrar ao emperador fronte aos que consideraba como erros do arianismo.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}