Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos
Liña 62:
O pensamento heideggeriano tivo enormes consecuencias no panoráma filosófico contemporáneo. Ademais das xa mencionadas, cabe sinalar tamén a teoloxía existencial de [[Rudolf Bultman]], a [[hermenéutica]] filosófica de [[Hans-Georg Gadamer]], certas inclinacións antifundacionalistas e antihumanistas posmodernas, o "deconstructivismo" de [[Jacques Derrida|Derrrida]] e o intento de fusión, por parte de [[Richard Rorty|Rorty]], entre a tradición [[pragmatismo|pragmatista]] americana e a actitude antifilosófica e poética de Heidegger.
 
A filosofía heideggeriana tamén foi obxecto de duras críticas. Destaca o violento ataque de [[Rudolf Carnap|Carnap]], quen tachacualifica o seu pensamento de metafísica sen sentido, ademais de atentar contra as regras gramaticais máis elementais da linguaxe. Entre os seus discípulos tamén son de suliñar as discrepancias filosóficas de [[Karl Löwith]]. Este abandona o concepto heideggeriano de "mundo" entendido no sentido de próximidade existencial, é dicir, trátase sempre dun mundo-para-nosoutros. Para Löwith o mundo, é dicir, a [[natureza]] física e orgánica, é anterior ó estar-humano-no-mundo e, polo tanto, pensable sen este. Tamén o fenómeno da morte é un evento natural que acontece no fenómeno natural da [[vida]]. Heidegger, en consecuencia, teríase esquencido da [[natureza humana]] produto, á súa vez, da propia natureza.
[[Ficheiro:Sein-und-Zeit-Hauptbegriffe.svg|miniatura|Esquema de ''Ser e tempo'']]