Xustino I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: Formato en Véxese tamén.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Servando2 (conversa | contribucións)
Biografía
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Tremissis-Justin I-sb0058.jpg|miniatura|300px|Flavius Iustinus Augustus]]
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''' (''c''. [[450]] - [[1 de agosto]] de [[527]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[518]] – [[527]]).
==Traxectoria==
 
Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á diocese de [[Diocese de Dacia|Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitores'') do emperador [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabeto]].