Diferenzas entre revisións de «Catarismo»

m
→‎Cruzada Albixense e xenocidio: control de autoridades
m (→‎Cruzada Albixense e xenocidio: control de autoridades)
Os monxes cistercienses tentaron a conversión das masas populares fascinadas pola autenticidade dos seguidores do catarismo. Mais o afastamento propio da vida monacal era unha dificultade para a reevanxelización. Os [[Papa]]s organizaron misións que escandalizaron a [[Domingos de Guzmán]] pola súa pompa e luxo e consecuente ineficacia fronte ao exemplar rigorismo moral cátaro. Isto animou a Domingos de Guzmán a emprender unha predicación dende a pobreza e a austeridade que tivo resultados discretos e insuficientes, pero que está na orixe da orde dominica.
 
== [[Cruzada Albixensealbixense]] e xenocidio ==
Os resultados escasos da predicación pacífica impulsada por Domingos de Guzmán, levou ao Papa a ordenar a organización dunha cruzada co gallo do asasinato do seu legado [[Pierre de Castelnau]] en xaneiro de [[1208]], supostamente por orde de [[Raimundo VI]], conde de Tolosa e defensor dos cátaros. Esta cruzada dexenerou no exterminio de decenas de miles de persoas, a implantación da [[Inquisición]], o sometemento de Occitania ao rei de Francia e a desarticulación definitiva do movemento cátaro. A promesa de facerse coas posesións e terras dos cátaros propiciou o esmagamento do movemento e a implantación dun novo poder político fiel ao rei de Francia.
 
O derradeiro prefecto cátaro coñecido, [[Guillermo Belibaste]], foi executado en [[1321]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Herexía]]
[[Categoría:Historia de Occitania]]
107.358

edicións