Jacques Demy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
En uso
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Amplío de es.wiki
Liña 5:
== Traxectoria ==
Tras traballar co animador [[Paul Grimault]] e o cineasta [[Georges Rouquier]], Demy dirixiu a súa primeira longametraxe, ''Lola'', en [[1960]], con [[Anouk Aimée]] no papel da cabareteira homónima. Nela xa están presentes os trazos que definen o seu peculiar selo persoal: a importancia da música (grazas á súa colaboración con [[Michel Legrand]]), a apropiación da imaxinaría [[hollywood]]ense, a importancia do destino na trama e a ambientación na costa atlántica francesa, en que o cineasta pasou a súa mocidade. O seu segundo filme, ''[[La Baie des Anges]]'', protagonizado por [[Jeanne Moreau]], retomou o tema do destino, cunha historia de amor e mesas de ruleta.
 
O seu terceiro filme, ''Les Parapluies de Cherbourg'' (1964), foi un grande éxito internacional e obtivo a [[Palma de Ouro]] no [[Festival de Cannes]]. Como outros compañeiros de xeración subverteu a división en xéneros, producindo un drama musical en que todos os diálogos son cantados. O filme amosa tamén o característico estilo visual do cineasta: mentres que ''Lola'' tiña unha fotografía en branco e negro máis próxima aos postulados da ''Nouvelle Vague'', a cargo do habitual director de fotografía de Godard, [[Raoul Coutar]], ''Les Parapluies de Cherbourg'' está rodado nunha supercor saturada, que destaca o impacto visual de cada detalle. No filme reaparece o mozo de ''Lola'', que casa con Deneuve. Estas reaparicións de personaxes son tamén moi características da súa cinematografía.
 
Aínda que non puido recuperar totalmente a brillantez dos seus tres primeiros filmes, o seu cinema posterior caracterízase por unha busca constante. ''Les Demoiselles de Rochefort'' (1967), un novo musical protagonizado por Catherine Deneuve, xunto coa súa irmá [[Françoise Dorléac]], contén algunhas das mellores cancións francesas da época, e conta no seu elenco coa estrela de musicais de Hollywood [[Gene Kelly]]. A personaxe de Lola volveu aparecer na experimental ''[[Model Shop]]'' ([[1969]]), primeiro filme que rodou nos Estados Unidos. ''La Peau d'Ane'' (1970) é unha versión literal, aínda que visualmente extravagante, dun conto de fadas de [[Charles Perrault]], de novo protagonizada por Catherine Deneuve.
 
Demy retomou o universo [[fada|feérico]] de ''La Peau d'Ane'' noutros dous filmes, ''Le joueur de flûte'', baseado no conto do [[frautista de Hamelín]], e ''Parking'', sobre o mito de [[Orfeo]]. En xeral, os seus filmes posteriores foron peor recibidos pola crítica.
 
== Vida persoal ==