Deioces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Poño modelo Biografía
Liña 1:
{{Biografía
'''Deioces''' foi o suposto primeiro rei de [[Medos|Media]] sobre o [[-700]]. O erudito [[E. M. Diakonoff]] (e outros) suxiren como datas do seu reino aproximadamente [[-727]] – [[-675]] xa que se menciona un Daiukku nas taboíñas mesas neoasirias no oitavo ano do reinado de [[Sargón II]] (sobre [[-721]] – [[-705]]), nas que se di que era un gobernante (''eaknu'') de [[Manna]], que gobernaba con independencia un distrito entre o reino de Manna e [[Asiria]], distrito que podería ser o Val de [[Zarrundad]].
|data_de_falecemento =[[-675|675 a.C.]]
|ocupación =Rei dos [[medos]]
}}
'''Deioces''' foi o suposto primeiro rei de [[Medos|Media]] sobre o [[-700|700 a.C.]]. O erudito [[E. M. Diakonoff]] (e outros) suxiren como datas do seu reino aproximadamente [[-727|727]] – [[-675|675 a.C.]] xa que se menciona un Daiukku nas taboíñas mesas neoasirias no oitavo ano do reinado de [[Sargón II]] (sobre [[-721|721]] – [[-705|705 a.C.]]), nas que se di que era un gobernante (''eaknu'') de [[Manna]], que gobernaba con independencia un distrito entre o reino de Manna e [[Asiria]], distrito que podería ser o Val de [[Zarrundad]].
 
O seu nome [[lingua asiria|asirio]] foi '''Daiukku''', o [[lingua elamita|elamita]] '''Daayaukka''', e o [[linguas iranianas|iraniano]] '''Dahyuka'''.
 
Segundo [[Heródoto]] era fillo de Fraortes e intentou unificar as tribos medas, cada unha das cales vivía nunha cidade ou conxunto de cidades. De primeiro gobernaba só sobre a súa tribo e gañouse unha boa reputación como xuíz e gobernante, pero alegando que o cargo lle comportaba conflitos renunciou; entón prevaleceu o desgoberno e os medos reuníronse na cidade de Hamadan ([[Ecbatana]] que quere dicir ‘lugar de asemblea’) para elixiren un rei e nomearon a Deioces, que reinou uns vinte e tres anos. Segundo as taboíñas cuneiformes, había nesta época un Deioces e tiña un fillo que era refén do rei de [[Urartu]] [[Rusa I]] (sobre [[-735|735]] – [[-713|713 a.C.]]) ao que tivo que apoiar contra o rei de Manna. Sobre o [[-715|715 a.C.]] probabelmente apoiou unha revolta contra o rei [[Iranzu]] (sería o gobernador de Messi cuxo nome non aparece nas taboíñas), e ao ano seguinte axudou a Urartu contra o rei de Manna [[Ullusunu]] nunha guerra que non tivo éxito. [[Sargón II]] interveu, capturou a Deioces e exiliouno a [[Hamat]] en [[Siria]]. A identificación do Deioces das fontes asirias e do de Heródoto non está confirmada. O relato de Heródoto vén de lendas e fontes orais e podería estar falando do neto de Deioces, que tamén se chamou así.
 
Segundo Heródoto tivo dous fillos: [[Fraortes, Rei medo|Fraortes]] e Ciaxares, o primeiro dos cales o había suceder.