Hal Greer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
corrixo lingua
Liña 41:
 
=== NBA ===
Foi elixido no [[Draft da NBA]] de 1958 polos [[Syracuse Nationals]] (actuais [[Philadelphia 76ers|76ers]]) na sexta posición da segunda rolda, o que supoñía a decimodécimo terceira elcción global. Greer xogou para Syracuse durante cinco tempadas, chegando a facer unha media de 22,8 puntos por partido en [[1961]]. Ese ano foi elixido para xogar o [[NBA All-Star Game]]. En 1963, os Syracuse Nationals trasldáronse a Philadelphia e convertéronse nos [[Philadelphia 76ers]]. Alí, foi compañeiro de [[Wilt Chamberlain]] e formou parte do equipo que acabou co reinado dos [[Boston Celtics]] liderado por [[Bill Russell]]. Nos 15 partidos de playoffs dos 76ers desa tempada, Greer fixo 27,7 puntos por encontro. Greer tiña unha técnica para lanzar os tiros libres pouco usual, pero moi efectiva. É considerado coma o terceiro mellor escolta dos anos 60, despois de [[Oscar Robertson]] e [[Jerry West]].
 
Greer xogou en 10 All-Star Game e foi o MVP do partido de 1968, onde anotou 21 puntos, 19 deles nun só cuarto. Tamén foi elixido sete veces no 2º [[Equipo All-NBA]], e anotou máis de 20.000 puntos durante a súa carreira na NBA. Abandonou a competición profesional en [[1971]] á idade de 34 anos. O seu número 15 foi retirado polos Sixers como homenaxe á súa carreira deportiva. Despois de retirarse foi incorporado en [[1982]] ao [[Basketball Hall of Fame]]. En [[1996]] foi elixido un dos [[cincuenta mellores xogadores da historia da NBA]].