Diferenzas entre revisións de «Science Centre Delft»

m
sen resumo de edición
mSem resumo de edição
mSem resumo de edição
No principal espazo expositivo, chamado ''Amazing Technology'', expóñense produtos finais de proxectos dos estudantes desa universidade.<ref>"[https://www.delta.tudelft.nl/article/fun-science Fun With Science]". En ''DeltaTudelft.nl'' ''(en inglés)''</ref><ref>"[https://www.delta.tudelft.nl/article/vrolijk-visitekaartje Vrolijk visitekaartje]". En ''Delta.Tudelft.nl (en neerlandés)''</ref>
 
== EdificioO edificio ==
O Science Center Delft ocupa as instalacións da antiga facultade de [[Minaría]] e [[Petróleo|Extracción Petrolífera]], nun edificio construído en [[1912]] segundo o proxecto de Jan Vrijman, o arquitecto do Goberno dos Países Baixos que se encargaba do deseño dos centros educativos.<ref>[https://monumentenregister.cultureelerfgoed.nl/monuments/525295 Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister] ''(en neerlandés)''</ref>
 
 
== Historia ==
 
=== Prologómenos ===
O nacemento do museo remóntase á [[década de 1970]], co nome de Centro de Exposicións Técnicas (''Technisch Tentoonstellingscentrum''), que realizou unha serie de exitosas exhibicións itinerantes. Xa nos [[Década de 1980|anos oitenta]], aquel centro transformouse en Museo Técnico de Delft (''Techniek Museum Delft''). Este xermolo do centro actual estivo ata marzo de [[2008]] nas instalacións do antigo Laboratorio de Mecánica e Construción Naval da TU Delft. Nesa época, o museo exhibía permanentemente algunhas das coleccións históricas da universidade, con obxectos como máquinas-ferramenta, motores de vapor, gas e diésel, calculadoras mecánicas e robots, e para os cativos había diversas actividades e obradoiros.
 
=== A sede actual ===
Debido a que o propietario do edificio, o [[municipio]] de Delft, quería darlle ao edificio un destino diferente, e tendo en conta ademais que este xa quedara demasiado pequeno para a envergadura que o centro tomara, a finais de [[2007]] decidiuse pechar o Techniek Museum Delft, que en marzo de [[2008]] renaceu como Science Center Delft, xa na súa localiación actual.
 
25.692

edicións