Insulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
Unhanova (conversa | contribucións)
cara a
Liña 1:
[[Ficheiro:InsulinHexamer.jpg|miniatura|dereita|220px|Insulina.]]
A '''insulina''' é unha [[hormona]] de 51 [[aminoácido]]s organizados en dúas cadeas unidas por dúas [[ponte disulfuro|pontes químicas]] que contén [[xofre]]. A súa misión máis importante é activar o transporte de [[glicosa]] cara oao interior das células para que se utilice como combustíbel ou se almacene, permitindo así o aproveitamento da glicosa proveniente da dieta ou da reserva endóxena do [[fígado]] ou do [[músculo]]. Regula os valores da [[glicemia]], manténdoos entre marxes moi estreitas de 50 a 115 mg/dl en xexún e 140 após as comidas.
 
Sintetízase nos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] do [[páncreas]], onde se almacena nunha forma molecular de maior tamaño chamada [[proinsulina]], cunha terceira cadea, ou [[péptido]] C, que une as outras dúas cadeas. Libérase ao [[sangue|torrente sanguíneo]] en forma de pequenos pulsos e aumenta notabelmente cando se inxiren alimentos, especialmente [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]]. A [[glicosa]] é o estímulo máis importante para que se libere insulina.