Afonso Sanchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
m Arranxiños
Liña 4:
}}
 
'''Afonso Sánchez''', nado en [[Cerva]] ([[Vila Real]]) o [[24 de maio]] de [[1289]] e finado en [[Escalona del Alberche|Escalona]] ([[provincia de Toledo]]) o [[2 de novembro]] de [[1329]], foi un infante e trobador [[Portugal|portugués]], fillo [[bastardo]] do rei [[Dinis de Portugal|don Dinís]].
 
== Traxectoria ==
Grazas a que raíña [[Santa Isabel de Aragón|Isabel]] chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o recoñeceu como lexítimo o 8 de maio de 1304, e o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, [[Afonso IV de Portugal|Afonso]]. Isto levou á guerra civil ([[1319]]-[[1324]]) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir [[Portugal]] dende [[Reino de Castela|Castela]], onde estaba exiliado e tiña o título de señor de [[Albuquerque]], construíndo un castelo no que [[Inés de Castro]] viviu varios anos.
 
Distinguiuse como [[trobador]] e consérvanse 15 [[cantiga]]s súas, a maioría de [[Cantiga de amor|amor]], nun estilo moi culto.