Edificio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Segundo a súa disposición: control de autoridades
m Lume
Liña 1:
[[Ficheiro:Berlin - Aerobic.JPG|miniatura|dereita|Edificio en Berlín, Alemaña.]]
A palabra '''edificio''' quere dicir ''facer fogo'' (do indoeuropeo ''æde'', [[Lume|fogo]] e do latín ''facere'', facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é [[fogar]]. Un ''edificio'' é normalmente unha construción realizada con [[Material de construción|materiais]] resistentes ([[madeira]], [[pedra]], [[Metal (material)|metal]], [[formigón]] etc.) para poder protexerse das inclemencias [[meteoroloxía|meteorolóxicas]] cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade.
 
Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.