Diferenzas entre revisións de «José Zorrilla»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios)
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Jzorrilla.jpg|miniatura|220px|José Zorrilla.]]
 
'''José Zorrilla y Moral''', nado en [[Valladolid]] o [[21 de febreiro]] de [[1817]] e morto en [[Madrid]] o [[23 de xaneiro]] de [[1893]], foi un [[poesía|poeta]] e [[teatro|dramaturgo]] en [[lingua castelá]].
Era fillo dun home [[carlismo|carlista]], relator da [[Real Chancillería de Valladolid|Real Chancillería]], e de [[Nicomedes Moral]], unha muller moi piadosa. Tras varios anos en Valladolid, a familia pasou por [[Burgos]] e [[Sevilla]] para ó fin establecerse en [[Madrid]] cando tiña 9 anos, logrando o seu pai o posto de superintendente de policía. José Zorrilla ingresou no [[Seminario de Nobles]], rexentado polos [[xesuítas]], onde participou en representacións teatrais escolares.
 
Trala morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]], o seu pai, profundo [[absolutismo|absolutista]], foi desterrado a [[Lerma, Burgos|Lerma]], e o fillo enviado a estudar [[Dereito]] á [[Real Universidade de Toledo]] baixo a vixilancia dun familiar [[cóengo]], en cuxa casa se hospedou; porén, tralo seu fracaso escolar o cóengo devolveuno a [[Valladolid]] para que seguise estudando alí ([[1833]]–[[1836]]). Á súa chegada á cidade natal foi amoestado polo pai, que marchou despois a [[Torquemada]], e por [[Manuel Tarancón]], [[rectorreitor]] da Universidade e futuro [[bispo de Córdoba]].
 
O carácter imposto dos estudos e maila súa atracción polo [[debuxo]], as mulleres (unha curmá da que namorou durante unhas vacacións) e a [[literatura]] de autores coma [[Walter Scott]], [[James Fenimore Cooper]], [[Chateaubriand]], [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Victor Hugo]], o [[Ángel de Saavedra|Duque de Rivas]] ou [[José de Espronceda|Espronceda]], levaron o seu futuro por outros vieiros. O pai desistiu do intento de tirar proveito do seu fillo e en [[1836]] mandouno levar a Lerma a cavar [[vide]]s, pero de camiño o mozo roubou unha [[mula]], fuxiu a Madrid e iniciouse na vida literaria frecuentando os ambientes artísticos e [[bohemia|bohemios]] da vila, malia pasar moita fame.
{{Artigo principal|Casa de Zorrilla}}
 
Alberga a casa natal do poeta, onde transcurriutranscorreu a súa primeira infancia e á que regresou noutras etapas.
 
== Obra ==
186.466

edicións