Claude Lorrain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 113:
Abandonou a pintura ao fresco en beneficio do [[Pintura ao óleo|óleo]], xa que esta técnica permitíalle expresar máis eficazmente as calidades estéticas da luz sobre a atmosfera.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|p=19.}}</ref> A súa obra baséase nunha coidada execución, de gran detallismo grazas a unha pincelada compacta, rica en materia cromática, onde se advirte o trazo do pincel a pesar dun alto grao de pulimento. Dominaba á perfección a tonalidade, onde destaca a iluminación da cor en infinitas gamas, creando unha perspectiva aérea por superposición de planos que sempre están disimulados polo virtuosismo no detalle, o que dá mostras da súa mestría na composición e na execución cromática.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Luna|1984|pp=25-26.}}</ref>
 
[[Ficheiro:Claude Lorrain - Seaport with the Embarkation of Saint Ursula.jpg|miniatura|esquerda|300px||''[[Porto co embarco de Santa Úrsula]]'' (1641), [[National Gallery]], [[Londres]].]]
O seu cadro prototípico semellaba un escenario onde o artista dispuxese con esmero todos os elementos indispensables para unha representación dramática: as [[bambolina]]s situadas a ambos os dous lados do cadro introducen ao espectador por un escenario onde, a pesar do complemento narrativo formado polas figuras que se moven polo escenario, destaca especialmente o amencer ou o crepúsculo, que se cambian nos diferentes actos da representación teatral. Como un escenógrafo, o seu traballo consiste en cambiar os decorados e a situación das figuras. A súa composición adoitaba incluír unha ''coulisse'' nos laterais, xeralmente de ton máis escuro, que proxectaba unha sombra sobre a parte dianteira do cadro, un plano medio onde situaba o motivo principal e, ao fondo, dous planos consecutivos, onde o segundo lle servía para situar o fondo lumínico que sería tan característico da súa obra.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1971|p=96.}}</ref>