Science Centre Delft: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Science Centre Delft"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2017 ás 13:36

O Science Centre Delft (en galego: "Centro de Ciencia de Delft") é unha  institución que alterna o seu papel de museo técnico e científico coas tarefas de investigación, sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Organicamente, forma parte da Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft).

Science Centre Delft

O Science Center Delft amósalles aos visitantes dun xeito participativo o papel da tecnoloxía en temas actuales diversos, como o cambio climático, a seguranza e os xogos informáticos de carácter formativo.

A colección

O centro é un escaparate das innovacións científicas e das liñas de investigación que se desenvolven na TU Delft.

No principal espazo expositivo, chamado Amazing Technology, expóñense produtos finais de proxectos dos estudantes desa universidade.

Edificio

O Science Center Delft ocupa as instalacións da antiga facultade de Minaría e Extracción Petrolífera, nun edificio construído en 1912 segundo o proxecto de Jan Vrijman, o arquitecto do Goberno dos Países Baixos que se encargaba do deseño dos centros educativos.

Ata a década de 1960, neste edificio exhibíase a colección colonial do Museo Xeológico Mineralóxico.

Ademais do Science Center Delft, o edificio alberga outras institucións públicas e privadas.

Historia

O nacemento do museo remóntase á década de 1970, co nome de Centro de Exposicións Técnicas (Technisch Tentoonstellingscentrum), que realizou unha serie de exitosas exhibicións itinerantes. Xa nos anos oitenta, aquel centro transformouse en Museo Técnico de Delft (Techniek Museum Delft). Este xermolo do centro actual estivo ata marzo de 2008 nas instalacións do antigo Laboratorio de Mecánica e Construción Naval da TU Delft. Nesa época, o museo exhibía permanentemente algunhas das coleccións históricas da universidade, con obxectos como máquinas-ferramenta, motores de vapor, gas e diésel, calculadoras mecánicas e robots, e para os cativos había diversas actividades e obradoiros.

Debido a que o propietario do edificio, o municipio de Delft, quería darlle ao edificio un destino diferente, e tendo en conta ademais que este xa quedara demasiado pequeno para a envergadura que o centro tomara, a finais de 2007 decidiuse pechar o Techniek Museum Delft, que en marzo de 2008 renaceu como Science Center Delft, xa na súa localiación actual.

Ligazóns externas