Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 61:
Co desembarco das tropas aliadas en [[Normandía]] o [[Desembarco de Normandía|día D]] (6 de xuño), as cousas en Holanda empeoraron drásticamente. Durante o inverno de 1944 os alemáns confiscaron os alimentos e combustibles da poboación holandesa. Sen comida nin calor nos fogares, a xente morría de fame e frío nas rúas. Hepburn e moitos outros facían fariña a partir de [[tulipán]]s cos que podían cociñar galletas e tortas. A cidade holandesa de [[Arnhem]] foi devastada durante o bombardeo aliado, como parte da errada operación [[operación Market Garden|Market Garden]]. O seu tío e un primo da súa nai foron fusilados como membros da resistencia, o seu irmán Ian foi capturado e estivo nun campo de traballo. As carencias alimenticias fixéronse patentes e Audrey sufriu anemia e problemas respiratorios. En 1991 Audrey dixo: «Teño recordos. Recordo estar na estación de tren vendo como se levaban aos xudeus, e recordo en particular a un neno cos seus pais, moi pálido, moi louro, usando un abrigo que lle quedaba moi grande, entrando no tren. Eu era unha nena observando a un neno».
 
Audrey tamén notou as semellanzas entre ela e [[Anne Frank]]. «Tiña exactamente a mesma idade que Anne Frank. Ambas tiñamos dez anos cando empezou a guerra e quince cando acabou. Un amigo deume o libro de Anne en [[Lingua neerlandesa|holandés]] en 1947. Lino e destruírdestruino. O libro ten ese efecto sobre moitos lectores, pero eu non o vía así, non só como páxinas impresas; era a miña vida. Non sabía o que ía ler. Non volvín a ser a mesma, afectoume profundamente».
 
«Vimos fusilamentos. Vimos a homes novos poñerse contra a parede e ser tiroteados. Pechaban a rúa e despois volvíana a abrir e podías pasar por ese mesmo lugar. Teño marcado un lugar no diario, no cal Anne (Frank) di que fusilaron a cinco [[refén]]s. Ese foi o día en que fusilaron ao meu tío. Nas palabras desa nena eu lía o que aínda sentía no meu interior. Esa nena que vivira entre catro paredes fixera unha reportaxe completa de todo o que vivira e sentido».