Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Títulos galegos
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 46:
== Traxectoria ==
=== Infancia e mocidade ===
Nada como '''Audrey Kathleen Ruston''' en [[Ixelles|Ixelles/Elsene]], un [[concello|municipio]] de [[Bruxelas]], [[Bélxica]]. Era a única filla do inglés Joseph Victor Anthony Ruston e da súa segunda esposa, a baronesa Ella Van Heemstra, unha aristócrata [[Países Baixos|holandesa]] que era filla do ex gobernador da [[Güiana Holandesa]] ([[Suriname]]), o barón Aarnoud van Heemstra. O pai da futura actriz engadiu máis adiante o apelido da súa avóa materna, Catherina, á familia; e o seu apelido converteuse en Hepburn-Ruston. Tiña dous irmáns de nai, froito dun primeiro matrimonio da súa nai co ''jonkheer'' (''Señor'') Hendrik Gustaaf Adolf Quarles van Ufford: ''jonkheer'' Arnoud Roberto Alexander ”Alex” Quarles van Ufford e ''jonkheer'' Ian Edgar Bruce Quarles van Ufford. Ella van Heemstra era descendente do rei [[Eduardo III de Inglaterra]] e do consorte escocés [[James Hepburn|James Hepburn, cuarto Conde de Bothwell]], de quen [[Katharine Hepburn]] tamén se considera descendente.
 
O pai de Hepburn traballou cunha compañía de seguros en Gran Bretaña, o cal significou que a familia tivo a oportunidade de viaxar a miúdo entre Bruxelas, Inglaterra e os Países Baixos. Entre 1935 e 1938 Hepburn estudou nunha academia privada e feminina en [[Kent, Inglaterra|Kent]], Inglaterra.