Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{Cite web → {{Cita web (14)
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 164:
O desenvolvemento da [[tecnoloxía]] pola humanidade permitiu unha maior explotación dos [[recursos naturais]] e axudou a paliar parte dos riscos que xeran os [[Risco natural|perigos naturais]]. Malia isto, aínda así, o destino da civilización humana está estreitamente ligado aos cambios no medio ambiente. Existe un complexísimo sistema de retroalimentación entre o uso da tecnoloxía adiantada e os cambios no [[medio ambiente]], que só agora se están comezando a entender, e moi lentamente<ref>http://www.lbl.gov/Science-Articles/Archive/ESD-feedback-loops.html Feedback Loops In Global Climate Change Point To A Very Hot 21st Century ''en inglés''</ref>.
 
As ameazas que a actividade humana xerou sobre a natureza inclúen a elevada [[contaminación]] e a [[deforestación]], con desastres como son, por exemplo, os vertidos de [[petróleo]] ou os grandes [[incendio forestal|incendios forestais]] causados por curtocircuítos ou neglixencias. Os humanos están contribuíndo á extinción de moitas especies de plantas e animais a través da [[destrución do hábitat|destrución dos seus hábitats]] ou da [[cinexética|caza]] e a [[pesca]] masiva.
 
Os humanos empregan a natureza para actividades tanto económicas como de lecer. A obtención de recursos naturais para o uso industrial continúa sendo unha parte esencial do sistema económico mundial. Algunhas actividades, como a caza e a pesca, utilízanse tanto para necesidades económicas como para o lecer. A aparición da [[agricultura]] tivo lugar ao redor do milenio IX aC e observando a evolución da produción de [[alimento]]s e da obtención de [[enerxía]], non hai dúbida que a natureza é e foi o principal factor da riqueza económica. Igualmente, a natureza é fonte de ingresos polo [[turismo]], posto que as paisaxes consideradas exóticas ou fermosas atraen aos viaxeiros.