Destrución do hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
Outros [[ecosistema]]s sufriron tanto coma as selvas chuviosas tropicais ou aínda máis. A agricultura e a corta de árbores alteraron polo menos o 94% dos bosques de folla caduca de clima temperado; moitos bosques primarios perderon máis do 98% da súa área previa a causa de actividades humanas.<ref name="Primack" /> Cando se trata de bosques temperados ou tropicais caducos o más fácil é queimar e cortar cando se quere facer sitio para a agricultura ou gandería. Por iso quedan menos do 0,1% de bosques secos na costa do Pacífico de [[América Central]] e menos do 8% dos bosques caducifolios secos de [[Madagascar]].<ref name="Laurance" />
[[Ficheiro:Farmland-batang bungo.jpg|miniatura|esquerda|Campesiños preto dunha zona acabada de desmontadadesmontar dentro do Taman Nasional Kerinci Seblat ([[Parque Nacional Kerinci Seblat]]), [[Sumatra]].]]
As chairas e zonas [[deserto|desérticas]] foron menos degradadas. Só do 10 ao 20% das zonas secas, como pradeiras, sabanas, estepas e bosques secos deciduos sufriron algunha destrución.<ref>Kauffman & Pyke, 2001</ref> Pero incluídos nese 10-20% están aproximadamente 9 millóns de quilómetros cadrados de lugares con estación seca que os humanos converteron en desertos por medio do proceso chamado [[desertificación]].<ref name="Primack" /> Por outra parte, as pradeiras do oeste de Norteamérica perderon o 97% do seu hábitat natural ao seren convertidas en terreos de uso agrario.<ref>White et al., 2000</ref>