Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

 
=== Conclusión da guerra ===
[[Ficheiro:Pedro II Admiral Brazil 1870.jpg|miniatura|200px|Con uniforme de [[almirante]] ós 44 anos de idade. Os anos de guerra envelleceron prematuramente óo emperador.{{sfn|Carvalho|2007|p=124}}{{sfn|Barman|1999|p=247}}]]
A guerra continuou durante cinco anos máis, e durante este tempo Pedro II adicou todo o seu tempo e enerxía ó esforzo de guerra.{{sfn|Barman|1999|p=193}}{{sfn|Carvalho|2007|p=110}} Traballou sen descanso para recrutar e equipar tropas coas que reforzar as liñas da fronte e seguir adiante coa construción de novos navíos para a mariña.{{sfn|Barman|1999|p=202}} As [[violación]]s de mulleres, a estendida violencia contra os civís, o saqueo e a destrución de propiedades que tiveran lugar durante a invasión paraguaia do territorio brasileiro deixaran unha forte impresión nel.{{sfn|Barman|1999|p=206}} En novembro de 1866 advertiulle á condesa de Barral: "a guerra debe concluírse como demanda a honra, custe o que custe".{{sfn|Barman|1999|p=230}} Segundo Barman, "as dificultades, contratempos e esgotamento de guerra non tiveron efecto na súa calada resolución", e o cada vez maior número de baixas non o desviou do avance no que consideraba unha causa xusta do Brasil, preparado para sacrificar persoalmente o seu propio trono para conseguir o que consideraba un resultado honorable.{{sfn|Barman|1999|p=230}}
 
Ó mesmo tempo Pedro II traballou para previr que as disputas entre os partidos políticos nacionais prexudicasen a resposta militar.{{sfn|Barman|1999|pp=219–224}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=116–118}} O emperador prevaleceu sobre unha seria crise política en xullo de 1868 resultante dunha disputa entre o gabinete de goberno e [[Luís Alves de Lima e Silva]], comandante en xefe das forzas brasileiras no Paraguai. Luís Alves era tamén un político, e era membro do partido político na oposición. O emperador aliñouse con el, provocando a dimisión do gabinete. Mentres Pedro II manobraba para conseguir un resultado de vitoria no conflito co Paraguai, apoiou ósos partidos políticos e faccións que semellaban ser máis útiles no esforzo de guerra, algo que provocou que a reputación da monarquía quedaraquedase danada e que a súa posición de confianza como mediador imparcial quedaraquedase gravemente deteriorada a longo prazo. Non lle importaba a súa posición persoal, e desbotando o posible impacto no sistema imperial, continuou coa súa determinación de poñer o interese nacional por riba de calquera dano potencial que lle puidese provocar o aproveitamento dese tipo de oportunidades.{{sfn|Barman|1999|pp=224–225}}
 
O seu rexeitamento a aceptar nada que non fose unha vitoria total foi unha das chaves do resultado final.{{sfn|Barman|1999|p=206}}{{sfn|Carvalho|2007|p=114–115}} A súa tenacidade obtivo recompensa coa nova de que López falecera en combate o 1 de marzo de 1870, feito que supuxo a fin da guerra.{{sfn|Barman|1999|pp=229–230}}{{sfn|Carvalho|2007|p=121}} Pedro&nbsp;II rexeitou a suxestión da Asemblea Xeral de erixir unha [[estatua ecuestre]] na súa honra para conmemorar a vitoria, decidindo que os cartos asignados se destinasen no seu lugar á construción de escolas de primaria.{{sfn|Calmón|1975|p=855}}<ref>{{Cita libro | last1 = Doratioto | first1 = Francisco | year = 2002 | language = pt | title = Maldita Guerra: Nova história da Guerra do Paraguai | publisher = Companhia das Letras | location = São Paulo | isbn = 978-85-359-0224-2 | ref = harv |p=455}}</ref>{{sfn|Carvalho|2007|p=122}}{{sfn|Barman|1999|p=230}}
32.647

edicións