Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Descendencia: arranxiño
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 105:
=== Primeiro Voluntario da Patria ===
[[Ficheiro:Pedro II 1865 01.jpg|miniatura|left|200px|Pedro II ós 39 anos de idade, 1865.]]
Coa ameaza vixente da guerra co [[Imperio Británico]], o Brasil tivo que tornar a súa a atención cara asás súas fronteiras do sur, ao comezar unha nova guerra civil no [[Uruguai]] na que os seus partidos políticos se enfrontaban os uns ós outros.{{sfn|Carvalho|2007|p=108}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=219}}{{sfn|Barman|1999|p=197}} Este conflito interno deu lugar ó [[asasinato]] de brasileiros e óá pillaxe das súas propiedades no Uruguai.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=220}} O goberno brasileiro decidiu intervir no conflito, temoroso de dar unha impresión de debilidade fronte ó conflito cos británicos.{{sfn|Carvalho|2007|p=107}} Un exército brasileiro invadiu o Uruguai en decembro de 1864, dando comezo á breve [[guerra do Uruguai]], que finalizaría en febreiro de 1865.{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=224–225}}{{sfn|Barman|1999|p=198}} Mentres tanto, o ditador do [[Paraguai]], [[Francisco Solano López]], aproveitouse da situación para establecer o seu país como unha potencia rexional. O [[exército do Paraguai|exército paraguaio]] invadiu a provincia brasileira de [[Mato Grosso]] (na zona coñecida a partir de 1977 como o estado de [[Mato Groso do Sur]]), dando comezo á [[guerra do Paraguai]]. Catro meses despois as tropas paraguaias invadiron territorio [[Arxentina|arxentino]] en forma de preludio dun ataque a [[Río Grande do Sur]].{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=299}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=227}}
 
Decatándose da anarquía en Río Grande do Sur e da incapacidade e incompetencia dos seus xefes militares para presentar oposición perante ó exército paraguaio, Pedro II decidiu que iría el mesmo en persoa ata a fronte.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=228}} Tras recibir as obxeccións do gabinete de goberno, da Asemblea Xeral e do Consello de Estado, Pedro II pronunciouse: "Se poden impedirme que vaia como emperador, non poden impedir que abdique e vaia como Voluntario da Patria" —unha alusión ós brasileiros que se presentaron voluntarios para a guerra e pasaron a serseren coñecidos en toda a nación como os "Voluntarios da Patria".{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=228}}{{sfn|Calmón|1975|p=734}}{{sfn|Olivieri|1999|p=32}}{{sfn|Barman|1999|p=202}} O propio monarca foi chamado popularmente o "Primeiro Voluntario".{{sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=300}} Obtido o permiso para a súa marcha, Pedro II desembarcou en Río Grande do Sur en xullo e seguiu en dirección á fronte de guerra por terra.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=229}}{{sfn|Calmón|1975|pp=735–736}}{{sfn|Carvalho|2007|p=111}} Viaxou a cabalo e en carro, durmindo de noite nunha tenda de campaña.{{sfn|Carvalho|2007|p=112}} En setembro Pedro II chegou a [[Uruguaiana]], unha vila brasileira ocupada por un exército paraguaio asediado.{{sfn|Carvalho|2007|p=114}}{{sfn|Calmón|1975|p=745}}
 
O emperador cabalgou ata unha distancia de tiro con [[rifle]] de Uruguaiana, mais os paraguaios non lleo atacaron.{{sfn|Calmón|1975|p=744}} Para evitar un maior derramamento de sangue, ofreceulle uns termos de rendición ó comandante paraguaio, quen aceptou.{{sfn|Carvalho|2007|p=114}}{{sfn|Calmón|1975|p=748}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=237}} A coordinación das operacións militares por parte de Pedro II e o seu exemplo persoal xogaron un papel decisivo no rexeitamento da invasión paraguaia do territorio brasileiro.{{sfn|Barman|1999|p=205}} Antes de volver áa Río de Janeiro, recibiu óo enviado diplomático británico [[Edward Thornton]], quen se desculpou en nome da [[Vitoria do Reino Unido|raíña Vitoria]] e do goberno británico pola crise entre ámbolos dous imperios.{{sfn|Calmón|1975|p=748}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=237}} O emperador considerou que esta vitoria diplomática sobre a entón nación máis poderosa do mundo era suficiente, e renovou as relacións amistosas do Brasil co Imperio Británico.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=237}}
 
=== Conclusión da guerra ===