Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
== Legado ==
[[Ficheiro:Petropolis-Cathedral4.jpg|miniatura|250px|Tumba de Pedro II e Tareixa Cristina na [[catedral de Petrópolis]], Brasil.]]
Trala súa caída os brasileiros mantiveron o seu afecto polo antigo emperador, que aínda era unha figura popular e ben considerada.{{sfn|Schwarcz|1998|p=497}}{{sfn|Martins|2008|p=66}} Esta visión era aínda máis pronunciada entre os [[Afrobrasileiro|descendentes de africanos]], que relacionaban a monarquía coa liberade polo seu papel e o da súa filla Isabel na abolición da escravitude.{{sfn|Schwarcz|1998|p=469}} O Historiadorhistoriador Ricardo Salles afirmou que o apoio continuado da deposta monarquía debeuse en gran medida á crenza xeral de que Pedro fora "realmente un rexedor sabio, benevolente, austero e honesto".<ref>{{Cita libro | last1 = Salles | first1 = Ricardo | year = 1996 | language = pt | title = Nostalgia Imperial | publisher = Topbooks | location = Río de Janeiro | oclc = 36598004 | ref = harv|p=15}}</ref> A visión positiva de Pedro&nbsp;II e a nostalxia polo seu reinado seguiu medrando cando a nación caeu rapidamente nunha serie de crises políticas e económicas, que moitos brasileiros achacaron ó derrocamento do emperador.{{sfn|Schwarcz|1998|p=496}}
 
Os propios republicanos comezaron a manifestar fortes sentimentos de culpabilidade, cada vez máis evidentes trala morte do emperador no exilio.{{sfn|Schwarcz|1998|pp=495–496}} Estes loaron a Pedro&nbsp;II, visto como un modelo dos [[Res publica|ideais republicanos]], e loaron tamén a era imperial, da que pasaron a considerar un exemplo a seguir por parte da nova república.{{sfn|Schwarcz|1998|p=508}}{{sfn|Martins|2008|p=123}} Segundo Barman, as novas da morte do emperador no Brasil "incitaron un sentido de arrepentimento xenuíno entre aqueles que, sen simpatía por unha restauración, admitiron tanto os méritos coma os éxitos do emperador falecido".{{sfn|Barman|1999|p=402}} Os seus restos e os da súa muller foron devoltos ó Brasil en 1921, a tempo para o centenario da [[independencia do Brasil]]. O goberno outorgoulle a Pedro&nbsp;II as dignidades dun xefe de estado.{{sfn|Calmón|1975|pp=1914–1915}}{{sfn|Barman|1999|p=405}} Declarouse un festivo nacional e por todo o país celebrouse a volta do emperador como se fose un heroe nacional.{{sfn|Schwarcz|1998|pp=503, 508}} Miles de persoas asistiron á cerimonia principal en [[Río de Janeiro]], onde segundo o historiador Pedro Calmón, "a xente máis maior chorou. Moitos axeonlláronse. Todos aplaudiron. Non houbo distinción entre republicanos e monárquicos. Eran todos brasileiros".{{sfn|Calmón|1975|p=1915}} Para Barman, esta homenaxe marcou a reconciliación do Brasil republicano co seu pasado monárquico.{{sfn|Barman|1999|p=405}}
94.630

edicións