Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
(→‎Decadencia: arranxiño de redacción)
== Exilio e morte ==
[[Ficheiro:Pedro II 1891 00.png|miniatura|left|250px|Pedro coa vestimenta real no seu cadaleito, o 6 de decembro de 1891.]]
Pedro II e a súa familia víronse obrigados a exiliarse a Europa o 17 de novembro de 1889.{{sfn|Carvalho|2007|p=220}} Tareixa Cristina faleceu tres semanas despois da súa chegada ó continente, e a súa familia trasladouse a outro lugar mentres Pedro permaneceu primeiro en [[Cannes]] e posteriormente en [[París]].{{sfn|Carvalho|2007|pp=234–235}}{{sfn|Barman|1999|pp=371, 377}} Pasou os últimos dous anos de vida de forma solitaria e melancólica, vivindo con poucos cartos en hoteis modestos e escribindo no seu diario sobre soños nos que se lle permitía volver ó Brasil.{{sfn|Carvalho|2007|pp=237–238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=595}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=156–157}} Nunca apoiou unha restauración da monarquía, afirmando que non tiña desexos de "volver á posición que ocupei, especialmente non por medio dunha conspiración de calquera tipo".{{sfn|Barman|1999|p=380}} A finais de 1891 sufriu unha [[infección]] que progresou rapidamente nunha [[pneumonía]].{{sfn|Carvalho|2007|p=238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=29}} A súa saúde empeorou moi rápido e finalmente faleceu asás 00:35 do 5 de decembro de 1891, arrodeado da súa familia.{{sfn|Carvalho|2007|pp=238–239}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=165}} As súas últimas palabras foron "Deus me conceda estes últimos desexos —paz e prosperidade para o Brasil".{{sfn|Besouchet|1993|p=30}} Na súa habitación atopouse un paquete selado xunto a unha mensaxe escrita polo propio emperador: "É terra do meu país; desexo que sexa colocada no meu cadaleito, se morro lonxe da miña patria".{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Calmón|1975|p=1897}}{{sfn|Besouchet|1993|p=604}}
 
Isabel quería un funeral discreto e privado, pero eventualmente aceptou a petición do goberno francés de realizar un [[funeral de estado]].{{sfn|Besouchet|1993|p=609}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Carvalho|2007|p=239}}{{sfn|Calmón|1975|p=1896}} O 9 de decembro, varios miles de persoas asistiron á cerimonia na igrexa [[La Madeleine]]. A maiores da propia familia de Pedro, asistiron outras personalidades entre as que se atopaban [[Francisco II das Dúas Sicilias|Francisco II]], antigo rei das [[Reino das Dúas Sicilias|Dúas Sicilias]], [[Isabel II de España|Isabel II]], antiga raíña de España, [[Filipe de Orleáns (1838-1894)|Filipe de Orleáns]] e outros membros da realeza europea.{{sfn|Calmón|1975|p=1898}}{{sfn|Besouchet|1993|p=617}} Tamén estiveron presentes o xeneral [[Joseph Brugère]], representando ó presidente [[Marie François Sadi Carnot|Sadi Carnot]], os presidentes do [[Senado de Francia|Senado]] e da [[Cámara dos Deputados de Francia|Cámara dos Deputados]] así como os seus membros, e outros representantes do goberno francés.{{sfn|Besouchet|1993|p=618}}{{sfn|Carvalho|2007|p=239}} Case tódolos membros do [[Institut de France]] atenderon a cerimonia,{{sfn|Carvalho|2007|p=239}}{{sfn|Calmón|1975|p=1899}} e outros gobernos estranxeiros enviaron representantes, como por exemplo o [[Imperio Otomán]], a [[Dinastía Qing|China]], o [[Imperio do Xapón|Xapón]] e [[Persia]].{{sfn|Besouchet|1993|p=618}} Trala misa, o cadaleito levouse en procesión ata a estación de tren para que comezase a súa viaxe ata Portugal.{{sfn|Calmón|1975|p=1900}}{{sfn|Besouchet|1993|p=614}} O seu destino foi a [[Monasterio de São Vicente de Fora|igrexa de São Vicente de Fora]], preto de [[Lisboa]], onde o seu corpo foi soterrado no [[Panteón Real da Casa de Braganza]] o 12 de decembro.{{sfn|Carvalho|2007|p=240}}{{sfn|Calmón|1975|pp=1900–1902}}
93.296

edicións