Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

→‎Decadencia: arranxiño de redacción
(→‎Decadencia: arranxiño de redacción)
(→‎Decadencia: arranxiño de redacción)
Durante a década de 1880 o Brasil continuou prosperando e a diversidade social incrementouse de forma notable, incluíndo o primeiro esforzo organizado pola loita polos [[dereitos da muller]].{{sfn|Barman|1999|p=319}} Por outra banda, as cartas escritas por Pedro II nesta época revelan a un home cansado do mundo coa idade, e cunha actitude máis illada e pesimista.{{sfn|Barman|1999|pp=298–299}} Mantívose respectuoso co seu deber e seguía sendo meticuloso nas tarefas requiridas pola súa posición imperial, mais habitualmente sen ningún entusiasmo por elas.{{sfn|Barman|1999|p=299}} Por mor da súa indiferenza polo destino do réxime imperial e da súa inacción á hora de apoiar o sistema imperial, os historiadores atribuíron a principal responsabilidade da disolución da monarquía ó propio emperador.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=126}}{{sfn|Barman|1999|p=399}}
 
As figuras políticas que chegaran ó poder durante os anos da década de 1830 vían ó emperador como unha fonte fundamental de autoridade, esencial para o goberno e a supervivencia nacional.{{sfn|Barman|1999|p=317}} Estes políticos de maior idade foron falecendo ou retirándose progresivamente, e nos anos da década de 1880 foran substituídos practicamente por completo por unha nova xeración de políticos que non experimentaran os primeiros anos de reinado de Pedro II, coñecendo só unha administración e prosperidade estable pola que non vían motivo para manter e defender o sistema imperial como forza unificadora en beneficio da nación.{{sfn|Barman|1999|p=318}} Para estes novos políticos Pedro II era soamente un home vello e enfermo que erosionara progresivamente a súa posición asumindo un papel activo na política durante décadas, e cada unha das súas accións ou inaccións resultaba nun escrutinio meticuloso e nas críticas abertas. Moitos dos novos políticos sentían apatía cara ó réxime monárquico, e non fixeron nada por defendelo.{{sfn|Barman|1999|pp=258–259, 317–318, 349}}
 
A falta dun herdeiro que puidese dar unha nova dirección á nación tamén diminuíu as perspectivas a longo prazo para a monarquía brasileira. O emperador amaba a súa filla Isabel, pero consideraba a idea dunha sucesora feminina antitética ó papel necesario dun rexente brasileiro. Na súa visión, a morte dos seus dous fillos varóns era un sinal de que o Imperio estaba destinado a ser substituído por outro sistema.{{sfn|Barman|1999|p=262}} As institucións políticas compartían esta resistencia a aceptar unha rexente feminina.{{sfn|Barman|1999|p=268}} Aínda que a constitución permitía que unha muller herdase o trono, o Brasil era unha nación aínda moi tradicional, e considerábase que só un sucesor varón podería ser competente como xefe de estado.{{sfn|Barman|1999|p=130}}
93.522

edicións