Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

→‎Decadencia: arranxiño de redacción
(→‎Decadencia: arranxiño de redacción)
(→‎Decadencia: arranxiño de redacción)
=== Decadencia ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil Paris 1887.jpg|miniatura|left|200px|Pedro II ós 61 anos de idade, 1887.]]
Durante a década de 1880 o Brasil continuou prosperando e a diversidade social incrementouse de forma notable, incluíndo o primeiro esforzo organizado pola loita polos [[dereitos da muller]].{{sfn|Barman|1999|p=319}} Por outra banda, as cartas escritas por Pedro II nesta época revelan a un home cansado do mundo coa idade, e cunha actitude máis illada e pesimista.{{sfn|Barman|1999|pp=298–299}} Mantívose respectuoso co seu deber e seguía sendo meticuloso nas tarefas requiridas pola súa posición imperial, mais habitualmente sen ningún entusiasmo por elas.{{sfn|Barman|1999|p=299}} Por mor da súa indiferenza polo destino do réxime imperial e da súa inacción á hora de apoiar o sistema imperial, os historiadores atribuíronlleatribuíron a principal responsabilidade da disolución da monarquía ó propio emperador.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=126}}{{sfn|Barman|1999|p=399}}
 
As figuras políticas que chegaran ó poder durante os anos 1830 vían ó emperador como unha fonte fundamental de autoridade, esencial para o goberno e a supervivencia nacional.{{sfn|Barman|1999|p=317}} Estes políticos de maior idade foron falecendo ou retirándose progresivamente, e nos anos 1880 foran substituídos practicamente por completo por unha nova xeración de políticos que non experimentaran os primeiros anos de reinado de Pedro II, coñecendo só unha administración e prosperidade estable pola que non vían motivo para manter e defender o sistema imperial como forza unificadora en beneficio da nación.{{sfn|Barman|1999|p=318}} Para estes novos políticos Pedro II era soamente un home vello e enfermo que erosionara progresivamente a súa posición asumindo un papel activo na política durante décadas, e cada unha das súas accións ou inaccións resultaba nun escrutinio meticuloso e nas críticas abertas. Moitos dos novos políticos sentían apatía cara ó réxime monárquico, e non fixeron nada por defendelo.{{sfn|Barman|1999|pp=258–259, 317–318, 349}}
93.285

edicións