Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

(→‎Abolicionismo no trono: arranxiño de redacción)
=== Abolicionismo no trono ===
[[Ficheiro:Pedro Américo - D. Pedro II na abertura da Assembléia Geral.jpg|miniatura|200px|Pedro II ós 46 anos de idade dando o [[discurso dende o trono]] coa vestimenta imperial, 1872.]]
Nos anos 1870 o Brasil fixo progresos nas esferas políticas e sociais, con tódolos segmentos da sociedade beneficiándose das reformas promulgadas e compartindo a cada vez maior prosperidade.{{sfn|Olivieri|1999|p=37}} A reputación internacional do Brasil de estabilidade política e potencial de investimento mellorou de forma considerable. O imperio era visto como unha nación moderna e progresista sen igual en América, coa excepción dos [[Estados Unidos de América]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=9}} A economía medrou rapidamente e floreceu a inmigración, e adoptáronse varios proxectos de modernización, incluíndo o [[ferrocarril]] e o transporte naval. Segundo Barman, coa "escravitude destinada á súa extinción e outras reformas proxectadas, as proxeccións de avances morais e materiais semellaban ser vastas".{{sfn|Barman|1999|p=240}}
 
En 1870 había poucos brasileiros que se opuxesen á escravitude, e aínda menos que a condenasen abertamente. Pedro II, que non posuía escravos de seu, era un das poucas figuras públicas que se opoñía á escravitude.{{sfn|Carvalho|2007|p=189}}{{sfn|Barman|1999|p=194}}{{sfn|Olivieri|1999|p=44}} A abolición desta era un tema delicado, xa que o uso de escravos estaba moi estendido, tanto por parte dos ricos coma dos máis pobres.{{sfn|Olivieri|1999|p=43}}{{sfn|Carvalho|2007|p=130}} Pedro II procurou darlle fin a esta práctica de forma gradual para aliviar o posible impacto que isto tería na economía nacional.{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=161}}{{sfn|Carvalho|2007|p=131}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=29}} Sen autoridade constitucional para intervir de forma directa na abolición da escravitude, o emperador precisaría de tódalas súas habilidades para convencer, influenciar e conseguir apoios entre os políticos para o seu obxectivo.{{sfn|Barman|1999|p=210}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=132–136}} O seu primeiro movemento neste ámbito xa tivera lugar en 1850, cando ameazara con abdicar se a [[Asemblea Xeral]] non declaraba ilegal o comercio de escravos polo [[océano Atlántico|Atlántico]].{{sfn|Olivieri|1999|p=44}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=166}}
93.519

edicións