Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

Arranxos
(Arranxos)
|sucesor0 = Abolición da monarquía<br/>[[Primeira República Brasileira]]
}}
'''Pedro&nbsp;II do Brasil''', nado no [[pazo de São Cristóvão]], [[Río de Janeiro]], o [[2 de decembro]] de [[1825]] e finado en [[París]] o [[5 de decembro]] de [[1891]], foi o segundo e último [[Imperio do Brasil|emperador do Brasil]]. Alcumado "o magnánimo",{{sfn|Barman|1999|p=85}} o seu reinado como emperador durou máis de 58 anos.<ref>{{Cita libro | last1 = Viana | first1 = Hélio | year = 1994 | language = pt| title = História do Brasil: período colonial, monarquia e república | edition = 15ª | publisher = Melhoramentos | location = São Paulo | isbn = 978-85-06-01999-3 | ref = harv |p=467}}</ref> Foi o sétimo fillo do emperador [[Pedro&nbsp;I do Brasil]] e a emperatriz [[María Leopoldina de Austria|María Leopoldina]], e polo tanto membro da rama brasileira da [[casa de Braganza]]. A abrupta abdicación e marcha cara a Europa do seu pai en [[1831]] deixou a Pedro II como emperador, legándolle unha infancia e adolescencia desalentadora e solitaria. Obrigado a pasar o tempo estudando en preparación para o seu reinado, só conseguiu ter breves momentos de felicidade e tivo poucas amizades da súa idade. As súas experiencias coas intrigas da corte e coas disputas políticas durante este período afectaron en gran mediadamedida o seu carácter posterior, converténdose nun home cun forte sentido do deber e devoción cara ó seu país e a súa xente, mais resentido polo seu papel de monarca.
 
Herdando un imperio ó bordo da desintegración, Pedro&nbsp;II levou o [[Brasil]] de [[lingua portuguesa|fala portuguesa]] a ser unha potencia emerxente no ámbito internacional. A nación medrou ata distinguirse dos seus veciños hispánicos grazas aá súa estabilidade política, a celosamente protexida [[liberdade de expresión]], o respecto polos [[dereito civil|dereitos civís]], un crecemento económico vibrante e especialmente pola súa forma de goberno: unha [[monarquía constitucional|monarquía parlamentaria representativa]] funcional. O Brasil tamén obtivo a vitoria en tres conflitos internacionais (a [[guerra da Prata]], a [[guerra do Uruguai]] e a [[guerra do Paraguai]]) baixo o seu reinado, e prevaleceu en varias outras disputas internacionais e tensións domésticas. Pedro&nbsp;II promoveu incondicionalmente a abolición da [[escravitude]] malia a oposición de poderosos intereses políticos e económicos. Considerado un sabio por propio dereito, o emperador estableceu unha reputación de vigoroso patrocinador da aprendizaxe, da cultura e das ciencias. Conseguiu o respecto e admiración de eruditos como [[Charles Darwin|Darwin]], [[Victor Hugo]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], e trabou amizade con [[Richard Wagner|Wagner]], [[Louis Pasteur|Pasteur]] e [[Henry Wadsworth Longfellow|Henry Wadsworth]] entre outros.
 
Malia que non existía un desexo de cambio na forma de goberno entre a maioría de [[pobo brasileiro|brasileiros]], o emperador foi derrocado nun repentino [[golpe de estado]] apoiado só por unha camarilla de líderes militares que procuraban instaurar unha forma de [[república]] liderada por un [[ditadura|ditador]]. Para entón Pedro&nbsp;II estaba esgotado de ser emperador e perdera a esperanza nas perspectivas futuras da monarquía, malia contar cun apoio popular maioritario. Non permitiu que ninguén se opuxese á súa destitución e non apoiou ningún intento de restaurar a monarquía. Pasou os últimos dous anos da súa vida exiliado en Europa, vivindo só e cun baixo nivel económico. Algúns dos seus logros como emperador quedarían posteriormente en nada por mor dun longo período de gobernos débiles, ditaduras e crises económicas e constitucionais no Brasil, e os propios homes que o exiliaran acabaron por consideralo un modelo para a república brasileira. Poucas décadas trala súa morte restaurouse a súa reputación e trasladáronse os seus restos de volta ó Brasil, con celebracións a nivel nacional. A maioría de historiadores presentan a Pedro II dunha forma extremadamente positiva, e varios deles cualificárono como o "máis grande dos brasileiros".
32.647

edicións