Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
=== Confrontación co Imperio Británico ===
[[Ficheiro:Familia imperial 1861.jpg|miniatura|250px|Pedro II xunto a súa muller e fillas visitando unha granxa no sur da provincia de [[Minas Xerais]], 1861.]]
A finais do ano 1859 Pedro II partiu nunha viaxe polas provincias ó norte da capital, visitando os estados de [[Espírito Santo, Brasil|Espírito Santo]], [[Baía, Brasil|Baía]], [[Sergipe]], [[Alagoas]], [[Pernambuco]] e [[Paraíba]]. Volveu en febreiro de 1860, tras catro meses de viaxe. Tivo un grangrande éxito, recibindo unha cálida e alegre benvida en tódolos lugares que visitou.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=200–207}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=138–141}}{{sfn|Barman|1999|p=188}} A primeira metade dos anos 1860 foi de paz e prosperidade no Brasil. Mantivéronse as liberdades civís{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=200}}{{sfn|Barman|1999|p=192}} e Pedro defendeu con forza a [[liberdade de expresión]] que existira dende a independencia da nación.{{sfn|Carvalho|2007|p=84}}{{sfn|Besouchet|1993|p=508}} Consideraba os xornais da capital e das provincias un medio ideal para manterse ó tanto da opinión pública e da situación global do estado.{{sfn|Carvalho|2007|p=79}} Tamén seguía o estado do imperio por medio do contacto directo cos seus súbditos, con audiencias públicas regulares os martes e sábados, onde calquera procedente de calquera [[clase social]], incluíndo escravos, podía ser admitido e presentar as súas peticións e historias.{{sfn|Olivieri|1999|p=27}}{{sfn|Barman|1999|p=180}}{{sfn|Carvalho|2007|p=94}}. Tamén era habitual que visitara escolas, institutos, prisións, exhibicións, fábricas, barracas e outros actos públicos, que lle servían de oportunidades adicionais para obter información de primeira man.{{sfn|Barman|1999|p=184}}
 
Esta tranquilidade disipouse cando o [[Cónsul (servizo exterior)|cónsul]] británico en [[Río de Janeiro]], [[William Dougal Christie]], estivo a piques de comezar unha guerra entre a súa nación e o Brasil. Christie enviou un [[ultimato]] cunha serie de peticións abusivas que xurdiu de dous incidentes menores que tiveron lugar a finais de 1861 e comezos de 1862. O primeiro foi o afundimento dunha [[Bricbarca|barca]] comercial na costa de [[Río Grande do Sur]] tralo que os bens que transportaba foron saqueados polos habitantes locais. O outro incidente foi o arresto de varios oficiais británicos bébedos que provocaran disturbios nas rúas da cidade.{{sfn|Calmón|1975|p=678}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=27}}{{sfn|Carvalho|2007|p=103}}
32.609

edicións