Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

No ano 1862 Pedro escribiu no seu diario privado: "Nacín para consagrarme ás letras e ás ciencias".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=104}}{{sfn|Carvalho|2007|p=77}} Demostrou sempre un grande entusiasmo pola aprendizaxe e nos libros atopou un refuxio das obrigas da súa posición.{{sfn|Barman|1999|p=116}}{{sfn|Besouchet|1993|p=59}} Interesáballe un amplo rango de temáticas, incluíndo a [[antropoloxía]], [[historia]], [[xeografía]], [[xeoloxía]], [[medicina]], [[dereito]], [[teoloxía]], [[filosofía]], [[pintura]], [[escultura]], [[teatro]], [[música]], [[química]], [[física]], [[astronomía]], [[poesía]] e [[tecnoloxía]] entre outras.{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=99}}{{sfn|Barman|1999|p=542}} Cando rematou o seu reinado, había tres bibliotecas no pazo de São Cristóvão que contiñan máis de 60&nbsp;000 libros en total.{{sfn|Carvalho|2007|p=227}} A súa paixón pola [[lingüística]] levouno a estudar novas linguas durante toda a súa vida, aprendendo a falar e escribir non só en [[lingua portuguesa|portugués]] senón tamén en [[lingua latina|latín]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua alemá|alemán]], [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua italiana|italiano]], [[lingua castelá|castelán]], [[lingua grega|grego]], [[lingua árabe|árabe]], [[lingua hebrea|hebreo]], [[Lingua sánscrita|sánscrito]], [[lingua chinesa|chinés]], [[lingua occitana|occitano]] e [[lingua tupí|tupí]].{{sfn|Carvalho|2007|p=226}}{{sfn|Olivieri|1999|p=7}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=428}}{{sfn|Besouchet|1993|p=401}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=103}} Foi o primeiro fotógrafo brasileiro ó adquirir un [[daguerrotipo]] en marzo de 1840,<ref>{{Cita libro | last1 = Vasquez | first1 = Pedro Karp | year = 2003 | language = pt| title = O Brasil na fotografia oitocentista | publisher = Metalivros | location = São Paulo | isbn = 978-85-85371-49-4 | ref = harv|p=77}}</ref>{{sfn|Schwarcz|1998|p=345}} instalou un laboratorio en São Cristóvão adicado á [[fotografía]] e outro adicado á química e á física, e tamén comisionou a construción dun observatorio astronómico.{{sfn|Barman|1999|p=117}}
 
O emperador consideraba a educación algo de importancia nacional e estaba considerado en si mesmo un exemplo concreto do valor da aprendizaxe.{{sfn|Barman|1999|pp=118–119}} Nunha ocasión afirmou: "Se non fose un emperador, gustaríame ser profesor. Non coñezo outra tarefa máis nobre que a de dirixir as mentes novas e preparar ósos homes do mañá".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=94–95}} Foi durante o seu reinado cando se creou o [[Instituto Histórico e Xeográfico Brasileiro]] para promover a investigación e a preservación nos campos da historia, xeografía, cultura e ciencias sociais.{{sfn|Schwarcz|1998|p=126}} Tamén se fundaron a Academia Imperial de Música e Ópera Nacional{{sfn|Schwarcz|1998|p=152}} e o [[Colégio Pedro II]], este último servindo como modelo para as escolas de todo o país.{{sfn|Schwarcz|1998|pp=150–151}} A [[Escola Nacional de Belas Artes]], establecida polo seu pai, recibiu reforzo e apoio adicionais.{{sfn|Schwarcz|1998|p=144}} Usando a súa asignación monetaria, Pedro&nbsp;II outorgou bolsas de estudo a mozos brasileiros para que asistisen a universidades, escolas de arte e conservatorios de música en [[Europa]].{{sfn|Barman|1999|p=119}}{{sfn|Carvalho|2007|p=99}} Tamén financiou a creación do [[Instituto Pasteur]], axudou a asegurar a construción do ''[[Bayreuth Festspielhaus]]'' de [[Richard Wagner|Wagner]] e contribuíu noutros proxectos semellantes.{{sfn|Carvalho|2007|pp=226–228}} Os seus esforzos nestes eidos foron recoñecidos tanto no seu país coma no estranxeiro. [[Charles Darwin]] dixo del: "O emperador fai tanto pola ciencia, que todo home científico está obrigado a amosarlle o máximo respecto."{{sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=182}}
 
Pedro&nbsp;II converteuse en membro da [[Royal Society]], da [[Academia Rusa das Ciencias]], das [[Reais Academias para a Ciencia e as Artes de Bélxica]] e da [[American Geographical Society]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=94, 194}}{{sfn|Calmón|1975|p=1787}}{{sfn|Barman|1999|p=280}} En 1875 foi elixido para ingresar na [[Academia Francesa das Ciencias]], unha honra outorgada previamente a tan só outros dous xefes de estado: [[Pedro I de Rusia|Pedro o Grande]] e [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]].{{sfn|Carvalho|2007|p=172}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=255}} Mantivo un intercambio de correspondencia con científicos, filósofos, músicos e outros intelectuais, e trabou amizade con moitos deles, incluíndo [[Richard Wagner]], [[Louis Pasteur]], [[Louis Agassiz]], [[John Greenleaf Whittier]], [[Michel Eugène Chevreul]], [[Alexander Graham Bell]], [[Henry Wadsworth Longfellow]], [[Arthur de Gobineau]], [[Frédéric Mistral]], [[Alessandro Manzoni]], [[Alexandre Herculano]], [[Camilo Castelo Branco]] e [[James Cooley Fletcher]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=179, 185, 187, 193, 195–196, 200, 236, 238}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=49, 57}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=201}}<ref>{{Cita libro| last1 = Gray | first1 = Charlotte | year = 2006 | title = Reluctant Genius: The Passionate Life and Inventive Mind of Alexander Graham Bell | publisher = HarperCollins | location = Toronto | isbn = 978-0-00-200676-7|lingua=en | ref = harv|pp=137–138}}</ref> A súa erudición asombrou a [[Friedrich Nietzsche]] cando se coñeceron en persoa,{{sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{sfn|Carvalho|2007|p=230}}{{sfn|Calmón|1975|p=1389}} [[Victor Hugo]] díxolle ó emperador: "Señor, é vostede un gran cidadán, vostede é o neto de [[Marco Aurelio]]", e [[Alexandre Herculano]] chamouno un "príncipe ó que a opinión xeral considera como o máis importante da súa época grazas á súa mente dotada, e debido á súa constante aplicación dese don para as ciencias e a cultura".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=258}}{{sfn|Carvalho|2007|p=172}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=104}}
32.609

edicións