Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

=== Vida doméstica ===
[[Ficheiro:Princess Isabel and Leopoldina 1855 frame removed.png|miniatura|200px|As fillas sobreviventes de Pedro II en 1855: A princesa [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] e a princesa [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] (sentada).]]
O matrimonio entre Pedro II e Tareixa Cristina tivo un mal comezo. Coa madurez, paciencia e a chegada do seu primeiro fillo [[Afonso, príncipe imperial do Brasil|Afonso]] a súa relación mellorou.{{sfn|Barman|1999|p=126}}{{sfn|Carvalho|2007|p=73}} Tareixa Cristina tivo outros tres fillos: [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] en 1846, [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] en 1847 e finalmente [[Pedro, príncipe imperial do Brasil|Pedro]] en 1848.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Barman|1999|p=127}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=98}} Os seus dous fillos varóns faleceron moi novos, algo que devastou óo emperador.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|p=129}} Por mor disto, a súa visión do futuro do imperio cambiou por completo. Malia o afecto que lle tiña ás súas fillas, non cría que a princesa Isabel, a súa herdeira, teríativese ningunha posibilidade de prosperar no trono, xa que consideraba que o seu sucesor debía ser varón para que a monarquía continuase sendo viable.{{sfn|Barman|1999|pp=129–130}} Consideraba cada vez máis que o sistema imperial estaba tan inextricablemente ligado a el mesmo que non o sobreviviría.{{sfn|Barman|1999|p=130}} Isabel e a súa irmá recibiron unha educación excepcionalmente boa, mais non foron preparadas para gobernar a nación, e Pedro II excluíu a Isabel da participación nas cuestións e decisións gobernamentais.{{sfn|Barman|1999|pp=151–152}}
 
No ano 1850 Pedro II comezou a manter relacións discretas con outras mulleres.{{sfn|Barman|1999|p=128}} A máis famosa e duradeira destas relacións foi con Luísa Margarida Portugal de Barros, condesa de Barral, coa que trabou unha amizade romántica e íntima, aínda que non adúltera, cando esta foi nomeada institutriz das fillas do emperador en novembro de 1856.{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|pp=147–148}}{{Sfn|Carvalho|2007|p=65}} Durante toda a súa vida o emperador mantivo a esperanza de atopar a súa alma xemelga, algo que sentía que lle fora arrebatado por mor da necesidade do seu matrimonio de estado cunha muller pola que nunca sentiu paixón.{{sfn|Barman|1999|pp=144, 148}} Segundo José Murilo de Carvalho, esta é unha das instancias que ilustran a súa identidade dual: unha que levaba a cabo asiduamente o seu deber como emperador que lle asignara o destino, e outra que consideraba o papel imperial como unha carga pouco frutífera e que era máis feliz nos mundos da [[literatura]] e das [[ciencia]]s.{{sfn|Carvalho|2007|p=80}}
 
Pedro era dilixente e seguía unha rutina esixente. Adoitaba erguerse ás 7 da mañá e non se deitaba ata as 2 da mañá, adicando o día enteiro ós asuntos de estado e con moi pouco tempo libre que adicaba á lectura e ó estudo.{{sfn|Barman|1999|p=134}} Adoitaba vestir diariamente cun sinxelo [[frac]] negro, pantalóns e ''[[cravat]]''. Para ocasións especiais vestía un traxe real, e só vestía de gala coa coroa, manto e [[cetro]] dúas veces ó ano, durante a apertura e peche da Asemblea Xeral.{{sfn|Barman|1999|pp=133–134}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=54–55}} Obrigaba ósos políticos e oficiais gobernamentais a que mantivesen as normas estritas que el mesmo exemplificaba,{{sfn|Skidmore|1999|p=48}} adoptando unha estrita política para a selección de serventes civís baseada na moralidade e nos méritos.{{sfn|Barman|1999|p=163}}{{sfn|Carvalho|2007|p=83}} Para definir o seu estándar propio vivía dunha forma sinxela, chegando a afirmar nunha ocasión: "Entendo que o gasto inútil é como roubarlle á Nación".{{Sfn|Carvalho|2007|pp=79, 93}}{{Sfn|Lira 1977, Vol 2|p=47}}{{Sfn|Olivieri|1999|p=38}} Os bailes de gala e as asembleas da Corte cesaron a partir do ano 1852.{{sfn|Carvalho|2007|p=80}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=53}} Tamén rexeitou pedir ou permitir a súa asignación anual de 800 millóns de [[real brasileiro (antigo)|reais]] dende a súa declaración de maioría de idade ata que foi destronado cincuenta anos despois.{{Sfn|Barman|1999|p=439}}{{Sfn|Carvalho|2007|p=97}}{{Sfn|Lira 1977, Vol 2|p=51}}
 
=== Patrón das artes e das ciencias ===
32.647

edicións