Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 74:
Pedro II non era unha figura insigne ó estilo británico nin un [[autocracia|autócrata]] ó estilo dos [[tsar]]es de [[Imperio Ruso|Rusia]]. Exercía o poder por medio da cooperación cos políticos electos e tendo en conta os intereses económicos e o apoio popular.{{sfn|Barman|1999|pp=161–162}} A presenza activa de Pedro II na escena política era unha parte importante da estrutura gobernamental, que incluía o gabinete, a Cámara dos Deputados e o [[Senado do Brasil|Senado]] (estes dous últimos formaban a Asemblea Xeral). Utilizou a súa participación na dirección do curso do goberno como un medio de influencia, tornándose indispensable pero sen chegar a dexenerar nun "mandato dun só home".{{sfn|Barman|1999|p=178}} Segundo Barman, no seu manexo dos partidos políticos "precisou manter unha reputación de imparcialidade, traballar de acordo co sentir popular e evitar calquera imposición flagrante do seu parecer no ámbito político".{{sfn|Barman|1999|p=120}}
 
Conseguiu os seus éxitos máis notables grazas ás formas de non confrontación e de cooperación coas que se enfrontou tanto ós problemas coma ás figuras partisanas coas que tivo que tratar.{{sfn|Barman|1999|p=164}} Non tiña a autoridade constitucional para forzar a aceptación das súas iniciativas sen apoio, e o seu método de colaboracionismo no goberno mantivo áa nación progresando e permitiu que o sistema político funcionase con éxito.{{sfn|Barman|1999|p=165}} Respectou as prerrogativas da lexislatura, incluso cando estas resistían, atrasaban ou lle impedían conseguir os seus propios obxectivos.{{sfn|Barman|1999|pp=178–179}} A maioría dos políticos apreciaban e apoiaban o seu papel. Moitos deles viviran durante o período de rexencia, cando a falta dun emperador deu lugar a anos de conflitos entre faccións políticas, e as súas experiencias na vida pública crearon unha convicción xeral de que Pedro II era "indispensable para a continuada paz e prosperidade do Brasil".{{sfn|Barman|1999|p=170}}
 
=== Vida doméstica ===