Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

 
=== Abolición do comercio de escravos e guerra ===
Pedro II tivo que facer fronte a tres crises entre 1848 e 1852.{{sfn|Barman|1999|p=122}} A primeira delas foi a de confrontar o comercio ilegal de importación de escravos, prohibido no ano 1826 como parte dun tratado con [[Reino Unido|Gran Bretaña]].{{sfn|Barman|1999|p=123}} O tráfico de escravos continuaba sen cesar, e o texto do goberno británico recollido na [[Acta de Aberdeen]] de 1845 autorizaba ósos navíos de guerra británicos a abordar outros barcos brasileiros e apresar a calquera que estivese involucrado no comercio de escravos.{{sfn|Barman|1999|pp=122–123}} Mentres o Brasil loitaba contra este problema tivo lugar a segunda crise, a [[revolta Praieira]], o 6 de novembro de 1848. Este conflito entre faccións políticas locais dentro da provincia de [[Pernambuco]] foi sufocado en marzo de 1849.{{sfn|Barman|1999|p=124}} O 4 de setembro de 1850 promulgouse a [[lei Eusébio de Queirós]], outorgándolle ó goberno brasileiro unha ampla autoridade para combater o comercio ilegal de escravos. Con esta nova ferramenta, o Brasil procurou eliminar a importación dos mesmos. Cara oó ano 1852 esta primeira crise quedou superada, e Gran Bretaña aceptou que o comercio ilegal quedaba sufocado e baixo control.{{sfn|Barman|1999|p=124}}
 
A terceira crise foi un conflito coa [[Confederación Arxentina]] por mor da predominancia sobre territorios adxacentes ó [[Río da Prata]] e a navegación libre polas súas augas.{{sfn|Barman|1999|p=125}} Dende os anos 1830 o ditador arxentino [[Juan Manuel de Rosas]] apoiara rebelións dentro do [[Uruguai]] e do Brasil. Non foi ata 1850 que o Brasil foi capaz de tratar coa ameaza que lles supoñía Rosas.{{sfn|Barman|1999|p=125}} O Brasil formou unha alianza co Uruguai e con arxentinos desafectos, dando lugar aá [[guerra da Prata]] e o subsecuente derrocamento do ditador arxentino en febreiro de 1852.{{sfn|Barman|1999|pp=125–126}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=102–103}} Barman afirmou que "unha considerable porción do crédito debe dárselle ó emperador, quen coa súa mente fría, tenacidade de propósito e sentido do que era factible, probou ser indispensable".{{sfn|Barman|1999|p=122}}
 
O éxito do imperio nestas crises mellorou de forma considerable a estabilidade e prestixio da nación, e o Brasil emerxeu como un poder hemisférico.{{sfn|Levine|1999|pp=63–64}} No eido internacional, os europeos comezaron a considerar óo país como unha encarnación de ideais liberais familiares, destacando na [[liberdade de prensa]] e o respecto constitucional polos [[dereito civil|dereitos civís]]. O seu sistema de monarquía parlamentaria representativa tamén resultaba ser un claro contraste coa mestura de [[ditadura]]s e inestabilidade endémica do resto de nacións de [[América do Sur]] durante este período.{{sfn|Skidmore|1999|p=48}}{{sfn|Bethell|1993|p=76}}{{sfn|Graham|1994|p=71}}
 
== Desenvolvemento persoal ==
32.609

edicións