Carlos I de Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (2)
Liña 55:
Mentres tanto, como resultado do escándalo, a [[Tripla Entente|Entente]] recoñecía pouco despois ao goberno checoslovaco independente en París,<ref name="ReferenceA"/> abandonando a súa anterior postura de mantemento dun imperio reformado, Carlos tivo que viaxar urxentemente a [[Alemaña]] para asegurar a [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]] a súa lealdade como aliado, en tanto o propio [[Estado maior]] do [[Reichsheer]] alemán, ao saber as concesións que Carlos ofrecía aos Aliados, planificaba inclusive unha "invasión preventiva" de Austria para depoñer a Carlos I ao considerar a súa conduta como unha traizón.
 
[[Ficheiro:KaiserKarlHabsburgInCortinaDAmpezzo.jpeg|Carlos visitando [[Cortina d'Ampezzo]], liberada tras a vitoria de Isonzo.|thumbminiatura|left]]
 
No interior, declarou con motivo do aniversario do seu herdeiro ([[2 de xullo]] de [[1917]]) unha [[amnistía]] dos prisioneiros políticos,<ref name="ReferenceA"/> xesto co que tratou, con escasos resultados, de mostrar a súa disposición a unha nova orde política no imperio.<ref name="Sutter-Fichtner, Paula 1977"/> De igual xeito, ao longo do ano [[1917]] e a primeira metade de [[1918]], Carlos promulgou diversas normas destinadas a mitigar o descontento social da [[clase obreira]] do seu Imperio, suavizando as severas leis marciais aprobadas ao inicio da guerra. Non obstante, a contenda proseguía e polo tanto as medidas tomadas polo emperador apenas eran paliativos dunha grave situación interna.
Liña 81:
Poucos meses despois Carlos intentou novamente forzar a restauración, contando co apoio de militares e políticos húngaros aínda leais aos [[Habsburgo]]: o [[21 de outubro]] de 1921 entrou en avión de novo en Hungría reunindo un continxente de soldados afíns á súa causa para marchar sobre [[Budapest]].<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 465</ref> Se ben os monárquicos e o propio Carlos previran unha marcha pacífica onde as tropas gobernamentais non se atreverían a pechar o paso ao ex emperador (como sucedeu case en toda a ruta de [[Szombathely]] a [[Budapest]]), o Goberno de [[Miklós Horthy]] si estaba disposto a resistir este novo intento e nos arredores da capital batallóns do Exército e voluntarios, na súa maioría estudantes mobilizados polo capitán [[Gyula Gömbös]],<ref>[[#Bibliografía|Szilassy (1971)]], páx. 97</ref> rexeitaron pola forza a uns soldados do continxente monárquico o [[23 de outubro]], mostrando que unha [[guerra civil]] era posible por causa da restauración monárquica. Esa mesma tarde, os Gobernos da [[Pequena Entente|Entente]] enviaron tropas á súa fronteira húngara para impedir que Carlos fose restaurado. Asustado ante a posibilidade dunha guerra civil, e notando que o apoio á súa causa non era unánime, o ex emperador desistiu do seu intento o [[24 de outubro]] e capitulou cos seus seguidores; mentres tanto, o Goberno do [[Miklós Horthy|almirante Horthy]] reaccionaba colocando a Carlos e a súa esposa baixo custodia militar na localidade de [[Tihany]] a beiras do [[Lago Balatón]], accedendo ás presións da [[Pequena Entente]] e dos nacionalistas húngaros (unidos no seu empeño de evitar a restauración dos [[Habsburgo]]). [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] tamén manifestaron oficialmente a Horthy o [[29 de outubro]] a súa oposición ao retorno de Carlos ao trono húngaro, apoiando os temores da [[Pequena Entente]].
 
[[Ficheiro:DisgregacióndeAustriaHungría.svg|thumbminiatura|300px|left|División de Austria-Hungría en [[1918]].]]
 
En abril de 1919, [[Austria]], tras proclamarse como [[república]], declarara nulos os privilexios políticos e embargado as propiedades da familia imperial, mentres se eliminaban os dereitos nobiliarios. [[Checoslovaquia]] fixera o propio xa apenas rematada a guerra, a comezos de novembro de 1918.