Bach-Werke-Verzeichnis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== Historia ==
O rexistro das obras de Bach, ou ''[[Bach-Werke-Verzeichnis]]'' (''Catálogo de Obras de Bach''), abreviado BWV, foi elaborado por [[Wolfgang Schmieder]], e foi presentado en [[1950]]. Dende a súa creación experimentou varias melloras e correccións, aínda que estas non afectaron á súa estrutura básica.<ref name="bach">{{Cita web |url=http://www.bach-digital.de/content/worksjs.xml;jsessionid=BE602B659A0DBC79D79E1A855F674C16?lang=en |título=Bach Works Catalogue (Bach-Werke-Verzeichnis, BWV) |editor=Bach Digital |dataacceso=24 de decembro de 2014 |lingua=inglés}}</ref> Este catálogo pasou a substituír aos da [[Bach Gesellschaft]], que entre [[1850]] e [[1900]] publicara a obra completa de Bach en 46 volumes.<ref>Hans T. David & Arthur Mendel, eds. (1998). The New Bach Reader: A Life of Johann Sebastian Bach in Letters and Documents ((Revised and expanded by Christoph Wolff) edición). NY: Norton. p. 504. ISBN 0-393-31956-3</ref>
 
O descubrimento de máis obras de Bach e a omisión de outras que lle foran atribuídas anteriormente levou a que a numeración sexa parcialmente incompleta e tivo que ser ampliada con outras obras despois do número 1080.<ref name="bach"/>
Liña 13:
 
== Notación ==
A orde adoita expresarse do seguinte xeito: primeiro o título e se é necesario a [[tonalidade (música)|tonalidade]] da obra, a continuación o número, e finalmente, en ocasións, o ano de composición, no caso de que sexa coñecido. Por exemplo: ''[[Misa en sol menor (Bach)|Misa en sol menor, BWV 235]]'' ([[circa]] 1738). É posible tamén encontrar unha mesma obra baixo a denominación de varios números Schmieder, por exemplo: ''[[Das wohltemperierte Klavier]]'' (BWV 846-893).
 
Nalgúns casos adoita sinalarse o obra polo seu título en alemán, seguida do ''número Schmieder'' e o número de orde da sección dentro da obra. Deste xeito, na cantata ''[[Herz und Mund und Tat und Leben, BWV 147]]'' (''O corazón, a boca, os feitos e a vida''), o coro que pecha a segunda parte pode citarse do seguinte xeito: ''"[[Jesus bleibet meine Freude]]"'', BWV 147,10 (é dicir, a décima sección do ''número Schmieder'' 147). Pode ocorrer que Bach tivera composto varias versións dunha mesma obra, o que se sinala cunha letra ao final do ''número Schmieder''. Por exemplo, a [[cantata|cantata secular]] ''[[Was mir behagt, ist nur die muntre Jagd, BWV 208]]'' (''Cantata da caza''), presentouse tamén como [[cantata|cantata sacra]], e figura no catálogo como BWV 208a.