Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
 
== Exilio e morte ==
[[Ficheiro:Pedro II 1891 00.png|miniatura|left|250px|Pedro nacoa vestimenta real no seu cadaleito, o 6 de decembro de 1891.]]
Pedro II e a súa familia víronse obrigados a exiliarse a Europa o 17 de novembro de 1889.{{sfn|Carvalho|2007|p=220}} Tareixa Cristina faleceu tres semanas despois da súa chegada ó continente, e a súa familia trasladouse a outro lugar mentres Pedro permaneceu primeiro en [[Cannes]] e posteriormente en [[París]].{{sfn|Carvalho|2007|pp=234–235}}{{sfn|Barman|1999|pp=371, 377}} Pasou os últimos dous anos de vida de forma solitaria e melancólica, vivindo con poucos cartos en hoteis modestos e escribindo no seu diario sobre soños nos que se lle permitía volver ó Brasil.{{sfn|Carvalho|2007|pp=237–238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=595}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=156–157}} Nunca apoiou unha restauración da monarquía, afirmando que non tiña desexos de "volver á posición que ocupei, especialmente non por medio dunha conspiración de calquera tipo".{{sfn|Barman|1999|p=380}} A finais de 1891 sufriu unha [[infección]] que progresou rapidamente nunha [[pneumonía]].{{sfn|Carvalho|2007|p=238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=29}} A súa saúde empeorou moi rápido e finalmente faleceu as 00:35 do 5 de decembro de 1891, arrodeado da súa familia.{{sfn|Carvalho|2007|pp=238–239}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=165}} As súas últimas palabras foron "Deus me conceda estes últimos desexos —paz e prosperidade para o Brasil".{{sfn|Besouchet|1993|p=30}} Na súa habitación atopouse un paquete selado xunto a unha mensaxe escrita polo propio emperador: "É terra do meu país; desexo que sexa colocada no meu cadaleito, se morro lonxe da miña patria".{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Calmón|1975|p=1897}}{{sfn|Besouchet|1993|p=604}}
 
93.519

edicións