Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 44:
 
=== Coroación temperá ===
[[Ficheiro:RetratodompedroIIcrianca.JPG|miniatura|esquerda|180px|Retrato de Pedro II ós 12 anos de idade, 1838.]]
Á súa partida do país, o emperador Pedro I seleccionou tres persoas para que se fixesen cargo do seu fillo e das súas outras fillas. O primeiro deles foi [[José Bonifácio de Andrada]], amigo seu e líder influente durante a [[Independencia do Brasil|independencia brasileira]], a quen nomeou gardián do seu fillo.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=17}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=50}} A segunda foi Mariana de Verna, quen xa actuara como aia dende o nacemento de Pedro II.{{sfn|Carvalho|2007|p=31}} De neno, o entón príncipe imperial chamábaa "''Dadama''", xa que non era capaz de pronunciar a palabra ''dama'' de forma correcta.{{sfn|Calmón|1975|p=5}} Considerábaa a súa nai substituta, e continuou chamándoa polo seu alcume ata ben entrada a idade adulta por aprecio.{{sfn|Barman|1999|p=29}}{{sfn|Besouchet|1993|p=39}} O terceiro foi Rafael, un [[afrobrasileiro]] veterano da [[guerra Cisplatina]]{{sfn|Carvalho|2007|p=31}}{{sfn|Calmón|1975|p=57}} empregado no Pazo de São Cristóvão e con quen Pedro I tiña unha profunda confianza, pedíndolle que coidase do seu fillo, tarefa que Rafael desempeñou durante o resto da súa vida.{{sfn|Vainfas|2002|p=198}}{{sfn|Calmón|1975|p=57}}
 
Liña 53:
== Consolidación ==
=== Establecemento da autoridade imperial ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil by Rugendas 1846 original.jpg|miniatura|200px|Pedro II ós 20 anos de idade, 1846.]]
A eliminación da rexencia trouxo estabilidade ó goberno. Pedro II estaba considerado en todo o país como unha fonte lexítima de autoridade, cunha posición por riba do partidismo e das disputas insignificantes. Non obstante, Pedro seguía sendo un neno tímido, inseguro e inmaturo.{{sfn|Barman|1999|pp=74–75}} A súa natureza era resultado da súa infancia, na que experimentara o abandono, a intriga e a traizón.{{sfn|Barman|1999|p=66}} Un grupo de serventes de palacio de alto rango e políticos notables liderados por [[Aureliano Coutinho, visconde de Sepetiba|Aureliano Coutinho]] pasaron a ser coñecidos como a "Facción Cortesá", establecendo a súa influencia sobre o mozo emperador. Algúns deles eran persoas moi achegadas a el, como por exemplo Mariana de Verna ou o administrador [[Paulo Barbosa da Silva]].{{sfn|Barman|1999|p=49}} Estes "Cortesáns" utilizaron habilmente a Pedro II contra os seus inimigos, reais ou posibles.{{sfn|Barman|1999|p=80}}
 
Liña 69:
== Desenvolvemento persoal ==
=== Política ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil 1851 edit.png|miniatura|200px|left|Pedro II ós 25 anos de idade, c. 1851.]]
A comezos dos anos 1850 o Brasil gozaba de estabilidade interna e de prosperidade económica.{{sfn|Barman|1999|p=159}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=100}} Baixo o mandato do primeiro ministro [[Honório Hermeto Carneiro Leão]] (posteriormente marqués do Paraná), o emperador avanzou no seu propio e ambicioso programa: a ''conciliação'' e os ''melhoramentos''.{{sfn|Barman|1999|p=162}} As reformas de Pedro II estaban dirixidas a promover un menor partidismo político e a mellorar as infraestruturas e o desenvolvemento económico. A nación estaba interconectándose por medio do [[ferrocarril]] e das liñas de [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]] e [[barco de vapor|barcos de vapor]], uníndose nunha única entidade.{{sfn|Barman|1999|p=159}} A opinión xeral, tanto doméstica coma internacional, era que estes logros foran posibles grazas ó "goberno do Brasil como unha [[monarquía]] e ó carácter de Pedro II".{{sfn|Barman|1999|p=159}}
 
Liña 77:
 
=== Vida doméstica ===
[[Ficheiro:Princess Isabel and Leopoldina 1855 frame removed.png|miniatura|200px|As fillas sobreviventes de Pedro II en 1855: A princesa [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] e a princesa [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] (sentada).]]
O matrimonio entre Pedro II e Tareixa Cristina tivo un mal comezo. Coa madurez, paciencia e a chegada do seu primeiro fillo [[Afonso, príncipe imperial do Brasil|Afonso]] a súa relación mellorou.{{sfn|Barman|1999|p=126}}{{sfn|Carvalho|2007|p=73}} Tareixa Cristina tivo outros tres fillos: [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] en 1846, [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] en 1847 e finalmente [[Pedro, príncipe imperial do Brasil|Pedro]] en 1848.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Barman|1999|p=127}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=98}} Os seus dous fillos varóns faleceron moi novos, algo que devastou ó emperador.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|p=129}} Por mor disto, a súa visión do futuro do imperio cambiou por completo. Malia o afecto que lle tiña ás súas fillas, non cría que a princesa Isabel, a súa herdeira, tería ningunha posibilidade de prosperar no trono, xa que consideraba que o seu sucesor debía ser varón para que a monarquía continuase sendo viable.{{sfn|Barman|1999|pp=129–130}} Consideraba cada vez máis que o sistema imperial estaba tan inextricablemente ligado a el mesmo que non o sobreviviría.{{sfn|Barman|1999|p=130}} Isabel e a súa irmá recibiron unha educación excepcionalmente boa, mais non foron preparadas para gobernar a nación, e Pedro II excluíu a Isabel da participación nas cuestións e decisións gobernamentais.{{sfn|Barman|1999|pp=151–152}}
 
Liña 104:
 
=== Primeiro Voluntario da Patria ===
[[Ficheiro:Pedro II 1865 01.jpg|miniatura|left|200px|Pedro II ós 39 anos de idade, 1865.]]
Coa ameaza vixente da guerra co [[Imperio Británico]], o Brasil tivo que tornar a súa a atención cara as súas fronteiras do sur, ao comezar unha nova guerra civil no [[Uruguai]] na que os seus partidos políticos se enfrontaban os uns ós outros.{{sfn|Carvalho|2007|p=108}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=219}}{{sfn|Barman|1999|p=197}} Este conflito interno deu lugar ó [[asasinato]] de brasileiros e ó pillaxe das súas propiedades no Uruguai.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=220}} O goberno brasileiro decidiu intervir no conflito, temoroso de dar unha impresión de debilidade fronte ó conflito cos británicos.{{sfn|Carvalho|2007|p=107}} Un exército brasileiro invadiu o Uruguai en decembro de 1864, dando comezo á breve [[guerra do Uruguai]], que finalizaría en febreiro de 1865.{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=224–225}}{{sfn|Barman|1999|p=198}} Mentres tanto, o ditador do [[Paraguai]], [[Francisco Solano López]], aproveitouse da situación para establecer o seu país como unha potencia rexional. O [[exército do Paraguai|exército paraguaio]] invadiu a provincia brasileira de [[Mato Grosso]] (na zona coñecida a partir de 1977 como o estado de [[Mato Groso do Sur]]), dando comezo á [[guerra do Paraguai]]. Catro meses despois as tropas paraguaias invadiron territorio [[Arxentina|arxentino]] en forma de preludio dun ataque a [[Río Grande do Sur]].{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=299}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=227}}
 
Liña 121:
== Apoxeo ==
=== Abolicionismo no trono ===
[[Ficheiro:Pedro Américo - D. Pedro II na abertura da Assembléia Geral.jpg|miniatura|200px|Pedro II ós 46 anos de idade dando o [[discurso dende o trono]] coa vestimenta imperial, 1872.]]
Nos anos 1870 o Brasil fixo progresos nas esferas políticas e sociais, con tódolos segmentos da sociedade beneficiándose das reformas promulgadas e compartindo a cada vez maior prosperidade.{{sfn|Olivieri|1999|p=37}} A reputación internacional do Brasil de estabilidade política e potencial de investimento mellorou de forma considerable. O imperio estaba visto como unha nación moderna e progresista sen igual, coa excepción dos [[Estados Unidos de América]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=9}} A economía medrou rapidamente e floreceu a inmigración, e adoptáronse varios proxectos de modernización, incluíndo o [[ferrocarril]] e o transporte naval. Segundo Barman, coa "escravitude destinada á súa extinción e outras reformas proxectadas, as proxeccións de avances morais e materiais semellaban ser vastas".{{sfn|Barman|1999|p=240}}
 
Liña 129:
 
=== Viaxes a Europa e África do norte ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil in Egypt 1871.jpg|miniatura|esquerda|250px|[[Auguste Mariette]] (sentado, esquerda) e Pedro II (sentado, dereita) xunto a outros durante a súa visita á [[necrópole de Gizeh]] a finais de 1871.]]
O 25 de maio de 1871 Pedro II e a súa muller viaxaron a [[Europa]].{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=175}} Pedro levaba moito tempo desexando unhas vacacións no estranxeiro, e cando lle chegaron novas de que a súa filla menor Leopoldina falecera en [[Viena]] o 7 de febreiro ós 23 anos de idade por mor dunha [[febre tifoide]], finalmente tivo unha razón de peso para saír do Imperio.{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=172, 174}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=144–145}} Nada máis chegar a [[Lisboa]], en [[Reino de Portugal|Portugal]], foi ó ''[[Museu das Janelas Verdes]]'', onde se reuniu coa súa nai adoptiva [[Amelia de Leuchtenberg]]. Facía 40 anos que os dous non se vían, e a reunión foi emotiva. Pedro II destacou no seu diario: "Chorei de felicidade e tamén de dor por ver a miña nai tan afectuosa comigo, máis tamén por vela tan vella e enferma".{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=180}}{{sfn|Carvalho|2007|p=147}}
 
Liña 135:
 
=== Cuestión relixiosa ===
[[Ficheiro:Delfim-pedroII-MHN.jpg|miniatura|200px|Pedro II ós 49 anos de idade, 1875.]]
Pouco despois do seu retorno ó Brasil Pedro II tivo que facer fronte a unha crise inesperada. O clero brasileiro levaba moito tempo falto de persoal, cunha baixa disciplina e educación, o que deu lugar a unha perda de respecto xeralizado pola [[Igrexa católica]].{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=151}} O goberno imperial embarcárase nun programa de reformas para tratar de resolver estas deficiencias.{{sfn|Barman|1999|p=254}} O [[catolicismo]] era a relixión do estado e o goberno exercía bastante control sobre os asuntos da Igrexa, pagando os salarios clericais, designando ós cregos das parroquias, nomeando [[bispo]]s, ratificando [[Bula|bulas papais]] e supervisando seminarios.{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=150}} Na procura dunha reforma, o goberno seleccionou a bispos que satisfacían os seus criterios para a educación e que estaban a favor destas novas reformas e adaptacións morais.{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=151}} Porén, a medida que homes máis preparados comezaban a entrar nas filas clericais, o resentimento do control gobernamental sobre a Igrexa foi en aumento.{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=151}}
 
Liña 149:
== Declive e derrocamento ==
=== Decadencia ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil Paris 1887.jpg|miniatura|left|200px|Pedro II ós 61 anos de idade, 1887.]]
Durante os anos 1880 o Brasil continuou prosperando e a diversidade social incrementouse de forma notable, incluíndo o primeiro impulso organizado para os [[dereitos da muller]].{{sfn|Barman|1999|p=319}} Por outra banda, as cartas escritas por Pedro II nesta época revelan a un home cansado do mundo coa idade cunha actitude máis illada e pesimista.{{sfn|Barman|1999|pp=298–299}} Mantívose respectuoso co seu deber e seguía sendo meticuloso nas tarefas requiridas pola súa posición imperial, mais habitualmente sen ningún entusiasmo por elas.{{sfn|Barman|1999|p=299}} Por mor da súa indiferenza polo destino do réxime imperial e da súa inacción á hora de apoiar o sistema imperial, os historiadores atribuíronlle a principal responsabilidade da disolución da monarquía ó propio emperador.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=126}}{{sfn|Barman|1999|p=399}}
 
Liña 157:
 
=== Abolición da escravitude e golpe de estado ===
[[Ficheiro:Família_Imperial_por_Otto_Hees-Restoration.jpg|miniatura|220px|A última imaxe da familia imperial no Brasil, 1889.]]
En xuño de 1887 a saúde do emperador estaba considerablemente empeorada, e os seus doutores persoais suxeríronlle que viaxase a Europa na procura de tratamento médico.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=53–56}} Durante a súa estancia en [[Milán]] pasou dúas semanas entre a vida e a morte, chegando a recibir a [[extremaunción]].{{sfn|Carvalho|2007|p=199}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=61–62}}{{sfn|Calmón|1975|p=1421}} Aínda encamado en período de recuperación, o 22 de maio de 1888 recibiu novas de que a [[Lei Áurea|escravitude fora abolida no Brasil]].{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=62}} Cunha voz débil e bágoas nos ollos exclamou: "Deamos grazas a Deus. Gran pobo! Gran pobo!"{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=62}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=442}}{{sfn|Calmón|1975|p=1426}} Pedro II retornou ó Brasil desembarcando en Río de Janeiro en agosto de 1888.{{sfn|Carvalho|2007|p=200}}{{sfn|Calmón|1975|p=1438}} Segundo Heitor Lira: "O país enteiro recibiuno cun entusiasmo xamais visto. Da capital, das provincias, de tódolos lugares, chegaron probas de afecto e veneración".{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=64}} Con estas demostracións á súa chegada dende Europa, a monarquía semellaba gozar dun apoio inquebrantable e estar no punto máis álxido da súa popularidade.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=67}}{{sfn|Carvalho|2007|p=200}}{{sfn|Vainfas|2002|p=201}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=444}}
 
Liña 173:
 
== Legado ==
[[Ficheiro:Petropolis-Cathedral4.jpg|miniatura|250px|Tumba de Pedro II e Tareixa Cristina na [[catedral de Petrópolis]], Brasil.]]
Trala súa caída os brasileiros mantiveron o seu afecto polo antigo emperador, que aínda era unha figura popular e ben considerada.{{sfn|Schwarcz|1998|p=497}}{{sfn|Martins|2008|p=66}} Esta visión era aínda máis pronunciada entre os [[Afrobrasileiro|descendentes de africanos]], que relacionaban a monarquía coa liberade polo seu papel e o da súa filla Isabel na abolición da escravitude.{{sfn|Schwarcz|1998|p=469}} O Historiador Ricardo Salles afirmou que o apoio continuado da deposta monarquía debeuse en gran medida á crenza xeral de que Pedro fora "realmente un rexedor sabio, benevolente, austero e honesto".<ref>{{Cita libro | last1 = Salles | first1 = Ricardo | year = 1996 | language = pt | title = Nostalgia Imperial | publisher = Topbooks | location = Río de Janeiro | oclc = 36598004 | ref = harv|p=15}}</ref> A visión positiva de Pedro&nbsp;II e a nostalxia polo seu reinado seguiu medrando cando a nación caeu rapidamente nunha serie de crises políticas e económicas, que moitos brasileiros achacaron ó derrocamento do emperador.{{sfn|Schwarcz|1998|p=496}}
 
Liña 182:
== Títulos e distincións ==
=== Títulos ===
[[Ficheiro:Signature of Pedro II of Brazil.png|miniatura|200px|right|Sinatura de Pedro II nos documentos oficiais.]]
[[Ficheiro:Signed initials of Pedro II of Brazil.png|miniatura|100px|right|Iniciais asinadas nos documentos oficiais.]]
Pedro recibiu os seguintes tratamentos oficiais ó longo da súa vida:
* 2 de decembro de 1825&nbsp;– 7 de abril de 1831: ''A súa alteza imperial'' o príncipe imperial