Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
Pedro&nbsp;II converteuse en membro da [[Royal Society]], da [[Academia Rusa das Ciencias]], das [[Reais Academias para a Ciencia e as Artes de Bélxica]] e da [[American Geographical Society]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=94, 194}}{{sfn|Calmón|1975|p=1787}}{{sfn|Barman|1999|p=280}} En 1875 foi elixido para ingresar na [[Academia Francesa das Ciencias]], unha honra outorgada previamente a tan só outros dous xefes de estado: [[Pedro I de Rusia|Pedro o Grande]] e [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]].{{sfn|Carvalho|2007|p=172}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=255}} Mantivo un intercambio de correspondencia con científicos, filósofos, músicos e outros intelectuais, e trabou amizade con moitos deles, incluíndo [[Richard Wagner]], [[Louis Pasteur]], [[Louis Agassiz]], [[John Greenleaf Whittier]], [[Michel Eugène Chevreul]], [[Alexander Graham Bell]], [[Henry Wadsworth Longfellow]], [[Arthur de Gobineau]], [[Frédéric Mistral]], [[Alessandro Manzoni]], [[Alexandre Herculano]], [[Camilo Castelo Branco]] e [[James Cooley Fletcher]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=179, 185, 187, 193, 195–196, 200, 236, 238}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=49, 57}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=201}}<ref>{{Cita libro| last1 = Gray | first1 = Charlotte | year = 2006 | title = Reluctant Genius: The Passionate Life and Inventive Mind of Alexander Graham Bell | publisher = HarperCollins | location = Toronto | isbn = 978-0-00-200676-7|lingua=en | ref = harv|pp=137–138}}</ref> A súa erudición asombrou a [[Friedrich Nietzsche]] cando se coñeceron en persoa,{{sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{sfn|Carvalho|2007|p=230}}{{sfn|Calmón|1975|p=1389}} [[Victor Hugo]] díxolle ó emperador: "Señor, é vostede un gran cidadán, vostede é o neto de [[Marco Aurelio]]", e [[Alexandre Herculano]] chamouno un "príncipe ó que a opinión xeral considera como o máis importante da súa época grazas á súa mente dotada, e debido á súa constante aplicación dese don para as ciencias e a cultura".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=258}}{{sfn|Carvalho|2007|p=172}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=104}}
 
=== Confrontación co Imperio Británico ===
[[Ficheiro:Familia imperial 1861.jpg|miniatura|250px|Pedro&nbsp;II xunto a súa muller e fillas visitando unha granxa no sur da provincia de [[Minas Xerais]], 1861]]
A finais do ano 1859 Pedro&nbsp;II partiu nunha viaxe polas provincias ó norte da capital, visitando os estados de [[Espírito Santo, Brasil|Espírito Santo]], [[Baía, Brasil|Baía]], [[Sergipe]], [[Alagoas]], [[Pernambuco]] e [[Paraíba]]. Volveu en febreiro de 1860, tras catro meses de viaxe. Tivo un gran éxito, recibindo unha cálida e alegre benvida en tódolos lugares que visitou.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=200–207}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=138–141}}{{sfn|Barman|1999|p=188}} A primeira metade dos anos 1860 foi de paz e prosperidade no Brasil. Mantivéronse as liberdades civís{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=200}}{{sfn|Barman|1999|p=192}} e Pedro defendeu con forza a [[liberdade de expresión]] que existira dende a independencia da nación.{{sfn|Carvalho|2007|p=84}}{{sfn|Besouchet|1993|p=508}} Consideraba os xornais da capital e das provincias un medio ideal para manterse ó tanto da opinión pública e da situación global do estado.{{sfn|Carvalho|2007|p=79}} Tamén seguía o estado do imperio por medio do contacto directo cos seus súbditos, con audiencias públicas regulares os martes e sábados, onde calquera procedente de calquera [[clase social]], incluíndo escravos, podía ser admitido e presentar as súas peticións e historias.{{sfn|Olivieri|1999|p=27}}{{sfn|Barman|1999|p=180}}{{sfn|Carvalho|2007|p=94}}. Tamén era habitual que visitara escolas, institutos, prisións, exhibicións, fábricas, barracas e outros actos públicos, que lle servían de oportunidades adicionais para obter información de primeira man.{{sfn|Barman|1999|p=184}}
93.531

edicións