Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Política: arranxiños de redacción e orto
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 78:
=== Vida doméstica ===
[[Ficheiro:Princess Isabel and Leopoldina 1855 frame removed.png|miniatura|200px|As fillas sobreviventes de Pedro II en 1855: A princesa [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] e a princesa [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] (sentada)]]
O matrimonio entre Pedro II e Tareixa Cristina tivo un mal comezo. Coa madurez, paciencia e a chegada do seu primeiro fillo [[Afonso, príncipe imperial do Brasil|Afonso]] a súa relación mellorou.{{sfn|Barman|1999|p=126}}{{sfn|Carvalho|2007|p=73}} Tareixa Cristina tivo outros tres fillos: [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] en 1846, [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] en 1847 e finalmente [[Pedro, príncipe imperial do Brasil|Pedro]] en 1848.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Barman|1999|p=127}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=98}} Os seus dous fillos varóns faleceron moi novos, algo que devastou ó emperador.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|p=129}} Por mor disto, a súa visión do futuro do imperio cambiou por completo. Malia o afecto que lle tiña ás súas fillas, non cría que a princesa Isabel, a súa herdeira, tería ningunha posibilidade de prosperar no trono, xa que consideraba que o seu sucesor debía ser varón para que a monarquía continuase sendo viable.{{sfn|Barman|1999|pp=129–130}} Consideraba cada vez máis que o sistema imperial estaba tan inextricablemente ligado a el mesmo que non lleo sobreviviría.{{sfn|Barman|1999|p=130}} Isabel e a súa irmá recibiron unha educación excepcionalmente boa, mais non foron preparadas para gobernar a nación, e Pedro II excluíu a Isabel da participación nas cuestións e decisións gobernamentais.{{sfn|Barman|1999|pp=151–152}}
 
No ano 1850 Pedro II comezou a manter relacións discretas con outras mulleres.{{sfn|Barman|1999|p=128}} A máis famosa e duradeira destas relacións foi con Luísa Margarida Portugal de Barros, condesa de Barral, coa que trabou unha amizade romántica e íntima, aínda que non adúltera, cando esta foi nomeada institutriz das fillas do emperador en novembro de 1856.{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|pp=147–148}}{{Sfn|Carvalho|2007|p=65}} Durante toda a súa vida o emperador mantivo a esperanza de atopar a súa alma xemelga, algo que sentía que lle fora arrebatado por mor da necesidade do seu matrimonio de estado cunha muller pola que nunca sentiu paixón.{{sfn|Barman|1999|pp=144, 148}} Segundo José Murilo de Carvalho, esta é unha das instancias que ilustran a súa identidade dual: unha que levaba a cabo asiduamente o seu deber como emperador que lle asignara o destino, e outra que consideraba o papel imperial como unha carga pouco frutífera e que era máis feliz nos mundos da [[literatura]] e das [[ciencia]]s.{{sfn|Carvalho|2007|p=80}}