Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

→‎Política: arranxiños de redacción e orto
(→‎Política: arranxiños de redacción e orto)
=== Política ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil 1851 edit.png|miniatura|200px|left|Pedro II ós 25 anos de idade, c. 1851]]
A comezos dos anos 1850 o Brasil gozaba dunhade estabilidade interna e dunhade prosperidade económica.{{sfn|Barman|1999|p=159}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=100}} Baixo o mandato do primeiro ministro [[Honório Hermeto Carneiro Leão]] (posteriormente marqués do Paraná), o emperador avanzou no seu propio e ambicioso programa: a ''conciliação'' e os ''melhoramentos''.{{sfn|Barman|1999|p=162}} As reformas de Pedro II's estaban dirixidas a promover un menor partidismo político e a mellorar as infraestruturas e o desenvolvemento económico. A nación estaba interconectándose por medio do [[ferrocarril]] e das liñas de [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]] e [[barco de vapor|barcos de vapor]], uníndose nunha única entidade.{{sfn|Barman|1999|p=159}} A opinión xeral, tanto doméstica coma internacional, era que estes logros foran posibles grazas ó "goberno do Brasil como unha [[monarquía]] e ó carácter de Pedro II".{{sfn|Barman|1999|p=159}}
 
Pedro II non era unha figura insigne ó estilo británico nin un [[autocracia|autócrata]] ó estilo dos [[tsar]]es de [[Imperio Ruso|Rusia]]. Exercía o poder por medio da cooperación cos políticos electos e tendo en conta os intereses económicos e o apoio popular.{{sfn|Barman|1999|pp=161–162}} A presenza activa de Pedro II na escena política era unha parte importante da estrutura gobernamental, que incluía o gabinete, a Cámara dos Deputados e o [[Senado do Brasil|Senado]] (estes dous últimos formaban a Asemblea Xeral). Utilizou a súa participación na dirección do curso do goberno como un medio de influencia, tornándose indispensable pero sen chegar a dexenerar nun "mandato dun só home".{{sfn|Barman|1999|p=178}} Segundo Barman, no seu manexo dos partidos políticos "precisou manter unha reputación de imparcialidade, traballar de acordo co sentir popular e evitar calquera imposición flagrante do seu parecer no ámbito político".{{sfn|Barman|1999|p=120}}
 
Conseguiu os seus éxitos máis notables grazas asás formas de non confrontación e de cooperación coas que se enfrontou tanto ós problemas coma ás figuras partisanas coas que tivo que tratar.{{sfn|Barman|1999|p=164}} Non tiña a autoridade constitucional para forzar a aceptación das súas iniciativas sen apoio, e o seu método de colaboracionismo no goberno mantivo á nación progresando e permitiu que o sistema político funcionase con éxito.{{sfn|Barman|1999|p=165}} Respectou as prerrogativas da lexislatura, incluso cando estas resistían, atrasaban ou impedíanllelle impedían conseguir os seus propios obxectivos.{{sfn|Barman|1999|pp=178–179}} A maioría dos políticos apreciaban e apoiaban o seu papel. Moitos deles viviran durante o período de rexencia, cando a falta dun emperador deu lugar a anos de conflitos entre faccións políticas, e as súas experiencias na vida pública crearon unha convicción xeral de que Pedro II era "indispensable para a continuada paz e prosperidade do Brasil".{{sfn|Barman|1999|p=170}}
 
=== Vida doméstica ===
93.345

edicións