Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

(→‎Establecemento da autoridade imperial: arranxiños de redacción)
 
=== Vida doméstica ===
[[Ficheiro:Princess Isabel and Leopoldina 1855 frame removed.png|miniatura|200px|As fillas sobrevivintessobreviventes de Pedro II en 1855: A princesa [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] e a princesa [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] (sentada)]]
O matrimonio entre Pedro II e Tareixa Cristina tivo un mal comezo. Coa madurez, paciencia e a chegada do seu primeiro fillo [[Afonso, príncipe imperial do Brasil|Afonso]] a súa relación mellorou.{{sfn|Barman|1999|p=126}}{{sfn|Carvalho|2007|p=73}} Tareixa Cristina tivo outros tres fillos: [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] en 1846, [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] en 1847 e finalmente [[Pedro, príncipe imperial do Brasil|Pedro]] en 1848.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Barman|1999|p=127}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=98}} Os seus dous fillos varóns faleceron moi novos, algo que devastou ó emperador.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|p=129}} Por mor disto, a súa visión do futuro do imperio cambiou por completo. Malia o afecto que lle tiña ás súas fillas, non cría que a princesa Isabel, a súa herdeira, tería ningunha posibilidade de prosperar no trono, xa que consideraba que o seu sucesor debía ser varón para que a monarquía continuase sendo viable.{{sfn|Barman|1999|pp=129–130}} Consideraba cada vez máis que o sistema imperial estaba tan inextricablemente ligado a el mesmo que non lle sobreviviría.{{sfn|Barman|1999|p=130}} Isabel e a súa irmá recibiron unha educación excepcionalmente boa, mais non foron preparadas para gobernar a nación, e Pedro II excluíu a Isabel da participación nas cuestións e decisións gobernamentais.{{sfn|Barman|1999|pp=151–152}}
 
93.296

edicións