Arqueoloxía xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
 
[[Ficheiro:Australopithecus africanus - Cast of taung child Face.jpg|miniatura|180px|[[Australopithecus africanus]].]]
A '''arqueoloxía xenética''' é como se denomina en [[bioloxía]] a aplicación á [[paleontoloxía]] das técnicas da [[bioloxía molecular]], especialmente da [[reacción en cadea da polimerase]], o que permite reconstruír [[parentesco]]s entre individuos da mesma ou diferentes [[especie]]s, así como recuperar [[Secuencia de ADN|secuencias de nucleótidos]] de [[ser vivo|organismos]] hoxe [[extinción|extinguidos]].
 
== Aplicación á paleoantropoloxía ==
A recuperación de [[moléculas]] de [[ADN mitocondrial]] (ADNmt) de mostras [[esqueleto|esqueléticas]] de diversa antigüidade permite estudar a [[variabilidade xenética]] dos grupos humanos do pasado. A análise do ADNmt en [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] antigos presenta unha vantaxe fundamental fronte ao [[ADN nuclear|nuclear]], debido ao seu alto número de copias por célula.
 
Os principais problemas metodolóxicos descritos neste tipo de análises puideron resolverse naqueles casos en que as mostras presentaban boas condicións de preservación. Estes foron fundamentalmente:
# Inhibición da amplificación.
# Autentificación dos resultados, e
# Detección e eliminación da contaminación.
 
A variabilidade no éxito da amplificación entre individuos dun mesmo [[asentamento arqueolóxico]], indica que as condicións individuais de cada inhumación son máis importantes que a antigüidade. Por outro lado, as [[dente|pezas dentarias]] demostraron ser o material máis adecuado para o estudo do ADNmt antigo.
 
A interpretación dos datos a nivel poboacional só é posíbel naqueles asentamentos que presentan un amplo número de individuos, dado o relativamente baixo rendemento da metodoloxía.
Liña 31 ⟶ 30:
* Nicholas Wade (2000): [https://www.bibliotecapleyades.net/ciencia/esp_ciencia_life26.htm "El origen de dos europeos. Combinando genética y arqueología, los científicos sacan una historia de 50 000 años del continente"] {{es}}.
* [http://www.catalunyavanguardista.com/catvan/la-genetica-aplicada-a-la-arqueologia/ La genética aplicada a la arqueología] en Catalunya vanguardista {{es}}.
* [http://arqueoblog.com/estudios-de-adn/ ¿Qué ha supuesto los avances en los estudios de ADN a la Arqueología?] en Arqueoblog {{es}}.
 
{{Control de autoridades}}