Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 56:
A eliminación da rexencia trouxo estabilidade ó goberno. Pedro II estaba considerado en todo o país como unha fonte lexítima de autoridade, cunha posición por riba do partidismo e das disputas insignificantes. Non obstante, Pedro seguía sendo un neno tímido, inseguro e inmaturo.{{sfn|Barman|1999|pp=74–75}} A súa natureza era resultado da súa infancia, na que experimentara o abandono, a intriga e a traizón.{{sfn|Barman|1999|p=66}} Un grupo de serventes de palacio de alto rango e políticos notables liderados por [[Aureliano Coutinho, visconde de Sepetiba|Aureliano Coutinho]] pasaron a ser coñecidos como a "Facción Cortesá", establecendo a súa influencia sobre o mozo emperador. Algúns deles eran persoas moi achegadas a el, como por exemplo Mariana de Verna ou o administrador [[Paulo Barbosa da Silva]].{{sfn|Barman|1999|p=49}} Estes "Cortesáns" utilizaron habilmente a Pedro II contra os seus inimigos, reais ou posibles.{{sfn|Barman|1999|p=80}}
 
O goberno brasileiro asegurou o seu casamento coa princesa [[Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|Tareixa Cristina]] do [[Reino das Dúas Sicilias]]. Casaron por procuraciónpoderes en [[Nápoles]] o 30 de maio de 1843,{{sfn|Carvalho|2007|p=51}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=122}}{{sfn|Olivieri|1999|p=19}} e cando a viu en persoa o emperador sentiuse notablemente decepcionado.{{sfn|Barman|1999|p=97}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=124}}{{sfn|Calmón|1975|p=239}} Tareixa Cristina era baixa, tiña un pouco de sobrepeso e aínda que non seera lle considerabaconsiderada fea, tampouco se lle consideraba atractiva.{{sfn|Barman|1999|p=97}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=124}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=95}} Segundo o historiador Roderick J. Barman Pedro non agochou a súa desilusión, indicando que un observador afirmou que lle deu as costas a Tareixa Cristina, mentres que outro afirmou que entrou en [[shock]] e precisou sentarse.{{sfn|Barman|1999|p=97}} Esa mesma noite Pedro II chorou e queixouse a Mariana de Verna, dicíndolle: "Enganáronme, ''Dadama''!"{{sfn|Barman|1999|p=97}}{{sfn|Calmón|1975|p=239}}{{sfn|Carvalho|2007|p=52}} Tiveron que pasar varias horas ata que conseguiron convencelo de que o deber demandáballe que seguise adiante.{{sfn|Barman|1999|p=97}}{{sfn|Calmón|1975|p=239}}{{sfn|Carvalho|2007|p=52}} A [[misa]] nupcial, coa ratificación dos votos emitidos previamente por procuraciónpoderes e o outorgamento da bendición nupcial, tiveron lugar o día seguinte, 4 de setembro de 1843.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=125–126}}{{sfn|Calmón|1975|p=240}}{{sfn|Barman|1999|p=98}}
 
A finais de 1845 e comezos de 1846 o emperador fixo unha xira polas provincias máis meridionais do Brasil, pasando por [[Estado de São Paulo|São Paulo]] (do que [[Estado do Paraná|Paraná]] era parte naquel entón), [[Santa Catarina, Brasil|Santa Catarina]] e [[Río Grande do Sur]], sentíndose alentado pola cálida e entusiasta acollida que recibiu.{{sfn|Barman|1999|p=111}} Para entón Pedro II madurara tanto física coma mentalmente, converténdose nun home considerado atractivo, medindo 1,90 metros de altura, con ollos azuis e cabelo louro.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=50}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=68}}{{sfn|Barman|1999|pp=81, 97}}{{sfn|Calmón|1975|p=187}} As súas fortalezas no carácter tornáronse aparentes, acadando seguridade en si mesmo e aprendendo a ser imparcial, dilixente, cortés, paciente e amable. Segundo Barman, "mantivo as súas emocións baixo unha disciplina férrea. Nunca foi maleducado e nunca perdeu os nervios. Foi excepcionalmente discreto coas súas palabras e cauteloso nas súas accións".{{sfn|Barman|1999|pp=109, 122}} Este período supuxo a fin da "Facción Cortesá". Pedro II comezou a exercitar unha autoridade completa e enxeñou con éxito a fin da influencia dos cortesáns eliminándoos do seu círculo de confianza ó mesmo tempo que evitou calquera tipo de alteración pública.{{sfn|Barman|1999|pp=109, 114}}