Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Coroación temperá: arranxo de redacción
Liña 47:
Á súa partida do país, o emperador Pedro I seleccionou tres persoas para que se fixesen cargo do seu fillo e das súas outras fillas. O primeiro deles foi [[José Bonifácio de Andrada]], amigo seu e líder influente durante a [[Independencia do Brasil|independencia brasileira]], a quen nomeou gardián do seu fillo.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=17}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=50}} A segunda foi Mariana de Verna, quen xa actuara como aia dende o nacemento de Pedro II.{{sfn|Carvalho|2007|p=31}} De neno, o entón príncipe imperial chamábaa "''Dadama''", xa que non era capaz de pronunciar a palabra ''dama'' de forma correcta.{{sfn|Calmón|1975|p=5}} Considerábaa a súa nai substituta, e continuou chamándoa polo seu alcume ata ben entrada a idade adulta por aprecio.{{sfn|Barman|1999|p=29}}{{sfn|Besouchet|1993|p=39}} O terceiro foi Rafael, un [[afrobrasileiro]] veterano da [[guerra Cisplatina]]{{sfn|Carvalho|2007|p=31}}{{sfn|Calmón|1975|p=57}} empregado no Pazo de São Cristóvão e con quen Pedro I tiña unha profunda confianza, pedíndolle que coidase do seu fillo, tarefa que Rafael desempeñou durante o resto da súa vida.{{sfn|Vainfas|2002|p=198}}{{sfn|Calmón|1975|p=57}}
 
Bonifácio foi destituído da súa posición en decembro de 1833 e foi substituído por outro gardián, Manuel Inácio de Andrade, marqués de Itanhaém.{{sfn|Schwarcz|1998|p=57}}{{sfn|Carvalho|2007|p=25}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=33}} Pedro II pasaba os días estudando, con só dúas horas libres para o entretemento.{{sfn|Carvalho|2007|p=27}}{{sfn|Olivieri|1999|p=8}} Demostrando unha grande intelixencia, era capaz de adquirir coñecementos cunha gran facilidade{{sfn|Olivieri|1999|p=6}}{{sfn|Besouchet|1993|p=14}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=46, 50}} Porén, as horas de estudio resultábanlle esgotadoras e a preparación para o seu papel de monarca era moi esixente. Tiña poucos amigos da súa idade, e mantiña un contacto limitado coas súas irmás. Todo isto, xunto a perda súbita dos seus pais, fixo que a crianzasúa de Pedro IInenez lle resultase infeliz e solitaria.{{sfn|Vainfas|2002|pp=198–199}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=27, 30–31}}{{sfn|Barman|1999|p=33}}{{sfn|Besouchet|1993|p=50}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=57}} O ambiente no que foi criado converteuno nunha persoa tímida e necesitada, que viu nos libros un refuxio e unha forma de escapar do mundo real.{{sfn|Carvalho|2007|pp=29, 33}}{{sfn|Barman|1999|p=39}}
 
A posibilidade de rebaixar a consideración de maioría de idade do emperador, no lugar de agardar ata que cumprise os 18 anos de idade, estivera considerada polos gobernantes do país dende 1835.{{sfn|Carvalho|2007|p=37}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=67}}{{sfn|Olivieri|1999|p=11}} A súa elevación ó trono dera lugar a un problemático período de crises sen fin. A [[rexencia]] creada para reinar no seu nome estivo envolta en disputas continuas entre faccións políticas e rebelións por toda a nación dende o seus comezos.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=21}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=53}}{{sfn|Carvalho|2007|p=21}} Segundo o historiador Roderick J. Barman, os políticos que acadaran o poder durante os anos 1830 "perderon toda fe na súa capacidade de gobernar o país por si mesmos" e "aceptaron a Pedro II como figura autoritaria cunha presenza indispensable para a supervivencia do país".{{sfn|Barman|1999|p=317}} Cando o 22 de xullo de 1840 os políticos lle preguntaron se quería asumir o poder completo, Pedro II aceptou timidamente.{{sfn|Calmón|1975|p=136}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=70}}{{sfn|Barman|1999|p=72}}{{sfn|Carvalho|2007|p=39}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=68}} Ó día seguinte, 23 de xullo de 1840, a Asemblea Xeral declarou formalmente maior de idade a Pedro, que naquel entón tiña 14 anos de idade.{{sfn|Carvalho|2007|p=40}} Foi aclamado, coroado e consagrado posteriormente o 18 de xullo de 1841.{{sfn|Schwarcz|1998|p=73}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=72}}