Ansiedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Hipoglicemia
m Arranxos varios
Liña 4:
A ansiedade ten unha función moi importante relacionada coa [[supervivencia]], canda o [[medo]], a [[ira]], a [[tristeza]] ou a [[felicidade]]. Actualmente estímase que un 20,5% ou máis da poboación mundial sofre algún tipo de trastorno de ansiedade, xeralmente sen sabelo.
 
A nivel patolóxico, a ansiedade non xorde na vida da persoa por unha escolla. Existen vivencias interpersoais e problemas na primeira infancia que poden ser importantes e causas desta. Alén diso, existen causas biolóxicas como anormalidades químicas no [[cerebro]] ou problemas [[hormona]]is. As persoas ansiosas teñen un vasto número de síntomas. Moitos resultan dun aumento da estimulación do [[sistema nervioso vexetativo]] ou autónomo, que controla o reflexo ataque-fuga. Outros son somatizacións, é dicir, que os doentes converten a ansiedade en problemas físicos, incluíndo dores de cabeza, males intestinais, tensión muscular etc
 
Cerca da metade das persoas con ansiedade sofren principalmente de síntomas físicos, normalmente localizados nos intestinos e no peito. Conforme a sintomatoloxía, a ansiedade pode ser clasificada en varios trastornos, mais sempre e cando haxa un grao patolóxico, definido como aquel que causa interferencia nas actividades normais do individuo.
Liña 75:
{{Emocións}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Emocións]]